Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participa nunca xornada sobre construcción sostible


# Venres, 14/12/2007
López Orozco falou sobre o futuro das cidades

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou como relator nunha xornada sobre construcción sostible organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupovilares.

López Orozco presentou ós asistentes o seu relatorio Qué modelo de cidade queremos e o noso futuro como cidade sostible, no que manifestou a necesidade da implicación de todos os axentes sociais e de todos os cidadáns para mellorar a habitabilidade das cidades e a calidade de vida dos veciños.

O Alcalde tamén fixo referencia á necesidade de interrelacionar dun modo lóxico as urbes co seu entorno para acadar un benestar social en armonía co medio ambiente e o benestar económico. O obxectivo é convertir as cidades en lugares sáns e seguros nos que vivir. López Orozco indicou que “hai que pensar que as cidades son para que vivan as persoas hoxe, dentro de vinte, cincuenta ou cen anos”.

Estas xornadas sobre construcción sostible contaron tamén coa participación do Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o Presidente do Colexio Superior de Arquitectos de España, Carlos Hernández Pezzi, e a profesora da UPM María Asunción Leboeiro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova