Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os orzamentos do Concello de Lugo para o próximo exercio superarán os 100 millóns de euros


# Venres, 14/12/2007
Consolídanse como uns presupostos de carácter social equilibrados

O Concello de Lugo aprobou en Pleno os orzamentos do Concello de Lugo para o ano 2008. Por primeira vez superan os 100 millóns de euros (100.887.848 euros) e consolídanse como uns orzamentos consensuados, equilibrados e nivelados de ingresos e gastos que pretenden sentar as bases dun futuro moderno, solidario e cohesionado da cidade de Lugo.

A este presuposto hai que engadirlle o orzamento destinado á Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EVISLUSA) que é de 1.281.115 euros para a execución das súas actividades, concretadas nos programas de xestión do desenvolvemento urbanístico, posta no mercado das parcelas do Patrimonio Municipal do Solo e xestión dos procedementos de alleamento, axudas do convenio de rehabilitación do casco histórico e rehabilitación do barrio Sagrado Corazón (ARI).

Da suma, resulta un orzamento consolidado de 101.954.964 euros que supón un incremento dun 8,43% con respecto ó elaborado para o exercicio anterior.

O equipo de goberno considera o incremento do gasto como necesario para a cidade de Lugo, xa que se produce principalmente en bens públicos de carácter social (40% do presuposto), co que se pretende mellorar a calidade de vida e o poder adquisitivo dos lucenses, tendo en conta as liñas marcadas pola Axenda 21 Local e os proxectos comprometidos polo Goberno Local.

Os ingresos dos orzamentos do ano 2008 están marcados pola contención fiscal. Non subirán os recibos do Imposto de Circulación nin o IBI, o resto de taxas só se incrementarán co IPC de agosto (2,2), e contémplase a introducción de bonificacións como

- IVTM: vehículos ecolóxicos
- ICIO: rehabilitacións na zona rural
- IIVTNU: transmisións de vivenda habitual por causa de morte.

Os orzamentos aumentan principalmente polos ingresos procedentes do mutuo acordo coa Consellería de Vivenda para a expropiación dos terreos das Gándaras que suporán un total de 6.722.292,3 euros no 2008.

O Goberno Local aposta por uns orzamentos sociais que garantan a igualdade e a calidade de vida de todos os lucenses. Neste senso, o 40% dos orzamentos (máis de 40 millóns de euros) destínaranse á produción de bens públicos de carácter social. Os incrementos máis significativos prodúcense na área de benestar social (57%), cultura (41%), promoción económica e emprego (45%).

Investimento nos servizos

O Goberno Local pretende seguir mellorando a calidade dos servizos públicos, e para lograr este obxectivo destinarase unha partida de 33.409.000 euros, o que supón un incremento do 16 % respecto ó 2007.

O Concello investirá 378.000 euros nos programas de promoción de emprego, que contan con recoñecido prestixio a nivel europeo, como o programa europeo Lugoqualitas. O obxectivo é que os lucenses poidan competir en productividade grazas a súa formación co resto dos profesionais europeos.

O servizo de axuda no fogar contará cunha inversión de máis de 600.000 euros, o que pon de manifesto o compromiso do Concello de Lugo no cumplimento da Lei de Dependencia.

A xestión municipal precisa no seu labor das asistencias técnicas, as encargadas de elaborar os estudos e traballos realizados por expertos alleos ó Concello. Ó mesmo tempo, estas asistencias son os encargados da animación sociocultural dos centros cívicos e dos centros de día, das actividades deportivas e educativas, da promoción do turismo e das actuacións nas escolas rurais, o que supón unha partida de máis de dous millóns de euros.

Para o equipo de goberno é fundamental garantir a calidade de servizos como a limpeza de dependenzas e das rúas, a iluminación pública, o mantemento de zonas verdes, a estación depuradora de aguas residuais ou do transporte urbán. Para o seu cumplimento o Concello conta cunha partida de 13.805.150 euros.

A aposta do Goberno local pola calidade do servizo público pasa tamén pola modernización, axilidade e eficacia da administración, para o que investirá un total de 93.500 euros.

Investimento nos barrios

O equipo de Goberno liderado polo Alcalde, José López Orozco, realiza un importante esforzo para garantir que todos os lucenses teñan os mesmos dereitos e as mesmas atencións independentemente do barrio no que residan. Neste senso investiranse un total de 22.195.845 euros, dos que o Concello aportará 15.190.400 euros, para completar o mapa de equipamentos da cidade e garantir que todas as zonas de Lugo conten cunha biblioteca, centro cívico e gardería.

A proposta orzamentaria para o 2008 inclúe partidas para realizar obras tan importantes como o novo centro en Montirón Sanfiz (120.000 €), a última anualidade e equipamento no centro socio-cultural de Fontiñas (631.000 €), a ampliación Casa da Muller (200.000 €) ou a Biblioteca Municipal da Piringalla (1.319.000 €).

O presuposto recolle tamén cartos para a consecución dun dos proxectos máis desexados polo Goberno Local: a Casa das Línguas da Piringalla que contará con preto de 500.000 euros para a súa posta en marcha.

O investimento para a rexeneración de pavimentos no centro histórico e nas rúas dos barrios supón unha partida de case 3 millóns de euros.Ademais, investiranse 685.000 euros na iluminación pública, 582.000 en auga e saneamento e de 430.000 euros en obras para a mellora do tráfico e da seguridade vial.

Investimento tecnolóxico

O obxectivo do Equipo de Goberno e eliminar a brecha dixital na cidade, polo que o investimento en novas tecnoloxías inclúe accións para a modernización dos servizos municipais como para os cidadáns. Entre outras destacasn a adquisición de licenzas, intranet nos centros educativos da cidade, ou investimentos para proxectos como Lugo Avanza.

Plan Urban

O Plan Urban é unha das maiores apostas do Goberno Local. Para a súa posta en marcha contará cun investimento de 15 millóns de euros en 6 anos. No 2008 investiranse 2.166.000 euros co fin de modernizar e rexenerar social e económicamente o centro histórico da cidade.

Zona Rural

Outro dos obxectivos prioritarios do Goberno Local é a zona rural. Nos orzamentos para o exercicio do 2008 contará cunha partida de case 2 millóns de euros para saneamento e afirmado de núcleos rurais, e de 900.000 euros para asfaltado de pistas.

Medio Ambiente

A aposta do goberno local polo medio ambiente e o desenvolvemento sostible reflíctese no investimento de máis dun millón de euros en parques e xardíns que farán de Lugo unha cidade máis habitable.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova