Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon en marcha o programa Lugoqualitas coa concesión de prácticas laborais en empresas europeas


# Domingo, 16/12/2007
O luns 17 de decembro abre o proceso de selección dos estudantes e titulados en FP interesados en participar

O Concello de Lugo, pon en marcha o proxecto “Lugoqualitas”, ó abeiro do Programa Leonardo da Vinci, que promove a concesión de axudas á realización de practicas laborais de 13 semanas de duración, en empresas de Italia e Polonia, dirixidas a mozos e mozas, de entre 18 e 25 anos, tituladas no eido da formación profesional nos 3 últimos anos.

Os candidatos deberán posuír un nivel de inglés medio, tanto lido, falado como escrito. Valoraranse, así mesmo, os coñecementos da lingua do país de destino.

O número de estancias previstas é o seguinte:

- 10 estancias para prácticas profesionais en Italia
- 10 estancias para practicas profesionais en Polonia

O programa formativo constará dunha preparación lingüística no país de acollida e da realización de prácticas laborais especializadas, de acordo co perfil dos beneficiarios e beneficiarias. A designación das empresas nas que se efectuarán as prácticas decidirase en colaboración cos socios intermediarios do Proxecto Lugoqualitas e e tras a realización dunha entrevista persoal profesional con cada un dos beneficiarios.

Os interesados poderán presentar a solicitude dispoñible na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.es, nos centros de Formacíón Profesional da cidade.

Para obter máis información pódese chamar ó numero de Atención Cidadá do Concello 010 e na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Lugo 982 297 220.

O prazo de inscripción comenza o luns 17 de decembro de 2007 e rematará o 15 de xaneiro de 2008.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova