Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A VI edición do Torneo Internacional de Fútbol Sala Cidade de Lugo contará con 80 equipos participantes


# Luns, 17/12/2007
A primeira fase do torneo terá lugar os días 27, 28 e 29 de decembro en catro polideportivos da cidade

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o encargado da área de Deportes da Deputación provincial, Antón Veiga, o Xerente da fundación Azkar, Óscar Hermida, o Xerente do Centro Comercial As Termas, Francisco Lambea, e o Xerente de transportes Azkar, Oriol Gonzalvo, presentaron o VI Torneo Internacional de Fútbol Sala Base Cidade de Lugo no que participarán 80 equipos de Galicia, España e Portugal.

O Concelleiro indicou que “espero que sexa todo un éxito igual que en edicións anteriores” e agradeceu o esforzo organizativo á Fundación, xa que por uns días Lugo será a capital do fútbol sala.

A primeira fase do Torneo desenvolverase os días 27, 28 e 29 de Decembro do 2007. Nela participarán 64 equipos (16 por categoría), divididos en catro grupos de catro equipos cada un:

- Benxamín (nados nos anos 98, 99 e 00).

- Alevín (nados no 96 e 97).

- Infantil (nados no 94 e 95).

- Cadete ( nados 92 e 93).

Cada equipo disputará un partido o Xoves 27 e dous o Venres 28 clasificándose para a fase final os dous primeiros de cada grupo. Esta fase disputaríase o Sábado 29.

A categoría benxamín disputarase no Pavillón do Palomar, a categoría Alevín no Centro Deportivo Terra, a infantil no Pavillón de Frigsa e a Cadete no Pavillón Municipal (que albergará o sábado 29 tódalas semifinais e finais).

Os dous primeiros equipos clasificados de cada categoría na primeira fase do torneo accederán directamente á segunda fase que se disputará os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2008 e na que participarán 32 equipos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova