Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Bispo Emérito de Lugo recibe o título de Fillo Adoptivo da cidade


# Luns, 17/12/2007
Ao acto asistiu unha importante representación dos membros da Corporación Municipal e doutras administracións e institucións da cidade

Frey Xosé Gómez recibiu no Salón do Trono da Sé Episcopal o título de fillo adoptivo da cidade que lle entregou o Alcalde de Lugo, José López Orozco, en nome de todos os lucenses, despois de que o pasado venres, 14 de decembro a Corporación Municipal aprobara por unanimidade outorgarlle ao bispo emérito da diócese lucense, Frei Xosé Gómez, o título honorífico de Fillo Adoptivo da Cidade de Lugo tras 27 anos de servizo pastoral.

O acto, que tivo lugar ás 19:00 horas, contou coa presencia de un importante número de representantes da Corporación Municipal, entre os que figuraron os voceiros dos tres grupos municipais, apoiando coa súa asistencia a entrega desta honorífica distinción. Non faltaron representantes doutras administracións locais, como o Vicepresidente Primeiro da Deputación Provincial, Antón Bao, ou o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero; e de institucións como a USC ou Caixa Galicia, entre outras.

O Alcalde de Lugo, Jóse López Orozco, destacou no seu emotivo discurso “a fonda satisfacción de rendirlle unha merecida homenaxe a unha persoa que traballou por facerlle tanto ben á cidade como é Frey Xosé”. López Orozco aproveitou a ocasión para “darlle moitísimas grazas a Frey Xosé polo sue traballo, polo seu compromiso, polos seus silencios, pero, sobre todo, polo amor que repartiu en todas as parroquias da cidade”.

O mandatario municipal ensalzou a figura de Frey Xosé Gómez e lembrou que “pola súa extraordinaria personalidade, a súa bondade e o seu carisma foron os que puxeron dacordo aos vintecinco membros da Corporación Municipal para outorgarlle en nome de todos os lucenses este merecido título de Fillo Adoptivo e Predilecto da cidade de Lugo”.

O Alcalde entregoulle a Frey Xosé Gómez unha placa conmemorativa co título de Fillo Adoptivo e un pergamino encadrado que recolle o acordo plenario de tal nomeamento.

Con este nomeamento a Corporación Municipal quere recoñecer o significativo papel de Frei Xosé na vida lucense desde que foi nomeado bispo.

Frai Joxé Gómez, que deixa o cargo depois de 27 anos de acción pastoral e será sustituido por el vilalbés Alfonso Carrasco Rouco, agradeceu “este entrañable recoñecemento enchido de ledicia, pois é un xesto honroso é unha distinción única, xa que supón para mí ser acollido con afecto sinceiro pola cidade máis xenerosa que ademais é berce do santo sacramento”.

O Bispo Emérito saludou unha por unha a todas autoridades e pechou o seu discurso dicindo que “gostaríame ser lembrado como o bispo que soubo servir e sofrir”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova