Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo edita 1.000 guías informativas para mulleres inmigrantes


# Martes, 18/12/2007
Trece persoas participaron no curso de Coidadores de persoas maiores dirixidas a persoas inmigrantes

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, acaba de presentar unha guía dirixida principalmente ás mulleres inmigrantes coa que se trata de resolver as principais cuestións que se fan as extranxeiras ó chegar á cidade.

Unhas 1.000 Guías para a muller inmigrante distribuirase principalmente nos Centros Sociais do Concello e nos puntos de atención ó inmigrante.

A Concelleira explicou que a publicación describe, en galego e castelán, os dereitos e deberes que, como mulleres e como inmigrantes, teñen as mulleres que acaban de chegar a Lugo. O obxectivo e darlles a coñecer os recursos e servizos existentes na comunidade, así como os lugares ós que poden acudir para solicitar información sobre cuestións do seu interese.

Nesta guía trátanse cuestións relativas ós trámites administrativos, atención social, violencia de xénero, orientación laboral, asistencia sanitaria, formación, etc.

Esta guía é unha mostra do esforzo realizado polo Concello de Lugo para conseguir a ingualdade de oportunidades entre homes e mulleres, neste caso, inmigrantes.

Formación

Por outra banda, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Director da Fundación Galicia Emigración e o profesor da Universidade da Coruña, José Carlos Millán, clausuraron no Centro de Empresas e Innovación a acción formativa Coidadores de persoas maiores dirixidas a persoas inmigrantes.

Neste curso que participaron 13 persoas procedentes de diferentes países como Chile, Colombia, Cuba, Ecuador, Marrocos, Nicaragua, Perú e República Dominicana.

Esta acción formativa, que comezou o 14 de novembro cunha duración de 80 horas, estivo organizada pola Fundación Galicia Emigración en colaboración co Concello de Lugo e coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

A actividade enmárcase dentro do “Programa de Capacitación Laboral e Integración Social” que se desenvolve co obxectivo de facilitar a integración socio-laboral deste colectivo, incorporando de xeito transversal un módulo sobre técnicas de busca de emprego e outro módulo de formación cultural galega, que proporcionan ferramentas que favorecen a inserción laboral axeitada e proporcionen un coñecemento da realidade social e cultural galega.

O obxectivo desta acción é a formación eficaz das persoas para garantir a inserción dos inmigrantes a través do programa de capacitación laboral que está a desempeñar un gran número de accións formativas en materias daqueles sectores que posúen grandes índices de empregabilidade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova