Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa Acceder beneficiou a máis de 35.000 persoas en toda España


# Martes, 18/12/2007
Accións formativas e de orientación de búsqueda de emprego foron os pilares das actuacións que se acompañaron de campañas de concienciación social

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentaron xunto a Santiago González Avión e Eva Vera Ledo, en representación da Fundación Secretariado Xitano, un balance del Programa Acceder e unha nova de campaña de conciención social para fomentar a integración social.

O Alcalde manifestou a “miña satisfacción por poder estra aquí e dar conta do que se fai cos cartos que se invisten en persoas, porque os datos que aportarán do porgrama Acceder amosarán que non hai mellor inversión que as persoas”.

A Fundación Secretariado Gitano foi a encargada de xestionar este programa que desde os últimos catro anos se desenvolveu na cidade. Esta iniciativa contou co apoio do Concello de Lugo, do Fondo Social Europeo, e de numerosas administracións e entidades privadas. A nivel nacional contou cun orzamento de 57 millóns de euros, que se xestionaron en 47 municipios españois, e contou coa colaboración de máis de 3.000 empresas de toda España.

Eva Vera guiou a exposición do balance apoiándose con material audiovisual e presentou o que supuxo nestos anos de andadura o programa Acceder para os usuarios e as súas familias, para os empresarios, para os formadores e os técnicos da fundación. Nestes anos foron atendidas en toda España máis de 35.000 persoas, lográronse máis de 26.000 contratos de traballo e creáronse 48 sedes ou dispositivos de atención.

En Galicia acadáronse máis 1.400 usuarios e superáronse as 1.000 contratacións correspondentes a 400 persoas. Estes datos aportan unha imaxe moi positiva da integración laboral das persoas de etnia xitana que xa supoñen o 20% dos traballadores a nivel nacional, segundo explicou Santiago Gonzélez Avión, que engadiu que “tanto o sector empresarial como a propia comunidade xitana tiñan a madurez necesaria para integrarse no mercado laboral, e xa non só integrarse senon manterse”.

A Fundación presentou tamén a súa nova campaña de sensibilización que baixo o lema “El empleo nos hace iguales”, tratará, mediante spots de televisión, cuñas de radio, anuncios en prensa, pezas en Internet e orixinais obxectos de merchandishing, de sensibilizar á sociedade frente aos prexuicios para acadar unha inclusión social da comunidade xitana a través do emprego.

Pódese obter máis información sobre a campaña na páxina web: www.gitanos.org/iguales onde se pode atopar toda a información e novas sobre a acción.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova