Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os premios Trapero Pardo concedidos polo Concello de Lugo


# Mércores, 19/12/2007
A Concelleira de Educación presidiu o acto, que tivo lugar este mércores, ás 12:30 horas, na Casa Consistorial

O pasado 14 de decembro reuníuse o xurado do certame de relatos curtos “Trapero Pardo” que organiza a Concellería de Educación desde vai 13 anos. Nesta edición destaca, con respecto ás edicións anteriores, un notable incremento tanto na participación, ao triplicarse o número de traballos presentados, como na calidade das narracións recibidas.

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presidiu o acto de entrega dos premios que tivo lugar este mércores 19 de decembro ás 12:30 horas na Casa Consitorial e contou coa presenza da concelleira Alicia Peña.

Dolores Vieiro felocitou aos participantes “pola extraordinaria calidade dos seus traballos” e amosou a súa satisfacción “xa que o aumento de participantes e os seus extraordinarios significan o éxito deste certame, que naceu coa vocación de fomentar a creatividade dos rapaces”.

As dúas concelleiras, acompañadas polo director dun dos institutos participantes, procederon á entrega dos galardóns aos premiados nas distintas categorías:

- Na categoría de 15 a 18 anos o xurado outorgou:
- O primeiro premio ao relato presentado por Lucía Barrera López, do IES Perdouro de Burela, baixo o título de “Un mal fado na vida”. Esta historia presenta a unha parella de mozos con moitos azos para empezra unha vida en común mais se trunca ao sofrir un accidente de moto. É unha historia moi ben construída, cunha lingua precida e, a pesar da traxedia, cun final esperanzado.
- O segundo premio obtívoo o relato de Nerea Pallares Vilar “Maldita Bendición” con dúas historias engarzadas coma os fíos dunha cadea que teñen como protagonistas a dúas mulleres de distintas xeracións, pero que rematan unidas pola experiencia do abandono.

- O terceiro premio foi concedido a Yolanda Briones Areán, do IES Ánxel Fole, pola obra “Coma un conto”; o relato dunha vida ambientado na época da ditadura franquista que recrea moi ben a penuria e a represión daqueles anos que, en palabras de Celso Emilio Ferreiro, foron unha “Longa noite de pedra”.

- Na categoría de de 12 a 14 anos o xurado decidiu outorgar:
- O primeiro premio ao relato “Cantos de serea” de Brais Lamela Gómez do IES Basanta Silva de Vilalba. Escrito en forma de diario, a historia desenvolve as vivencias dunha moza que recibe un misterioso agasallo do seu tío que a levará a un final tráxico. A lingua está moi coidada e as imaxes teñen moita presenza na narración.
- O relato titulado “De onde vés?” de María Elena López González, do CPR Nosa Señora da Asunción de Sarria, acadou o segundo premio. A través dunha narradora en primeira persoa que se move por dous lugares tan afastados como Sarria e o deserto do Paquistán, desenvolve a necesidade de comunicación entre as culturas para que nos poidamos entender os seres humanos.
- O terceiro premio recibiuno “Lisbeth” de Miriam Díaz Hortas, do CPR Nosa Señora da Asunción de Sarria. Esta é unha historia moi humorística e desenfada sobre as relacións escolares, familiares e sociais do mundo actual.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova