Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 3.300 rapaces participaron no Certame Educar para Previr organizado polo Concello de Lugo


# Mércores, 19/12/2007
O Alcalde e a Concelleira de Muller e Servizos Sociais entregaron os diplomas ós 22 ganadores do ano 2007

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, entregaron os diplomas ós ganadores do Certame Educar para Previr que dende o ano 2003 organiza o Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo.

Este ano a alta participación, 3.362 rapaces de máis de 20 centros educativos da cidade, fixo máis difícil a selección dos traballos ganadores. Dende o ano 2003 no que comezou o programa, o número de estudantes participantes multiplicouse por máis de catro, pasando de 742 participantes na primeira edición ata os máis de 3.000 deste ano 2007.

O tema que os estudantes de primaria do concello de Lugo tiveron que plasmar nun debuxo nesta edición, foi o da Familia como modelo de prevención. O obxectivo desta nova proposta do Concello lucense é que as rapazas e rapaces de primaria reflexionen acerca do que a súa familia lles pode aportar, os consellos que lles dan e os hábitos saudables que lles inculcan.

Educar para previr, presenta a figura dos pais e dos titores como referentes fundamentais na formación dos cativos de entre 6 e 12 anos, que se atopan nun momento trascendental da súa evolución e da a súa correcta orientación cara o futuro.

Os premios entregáronse a aqueles traballos que destacaron pola creatividade dos seus autores, e consisten nunha entrada para o Parque de Marcelle e unha invitación para xantar ou cear con 3 membros da súa familia. Cos debuxos seleccionados o Concello fará arredor de 1.000 calendarios que serán distribuídos a todos os centros educativos da cidade.

Os directores dos Centros tamén recibiron un diploma de agradecemento e recoñecemento pola implicación e sensibilidade que teñen cara o tema da prevención e que veñen amosando ano tras ano participando nesta iniciativa.

Revista de prevención de drogas para nais e pais
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou a Revista de Prevención de drogas para as nais e os pais dos alumnos de Primaria. Está previsto que se publique cada 3 meses e tratará en profondudidade os temas que xa aparecen nas axendas entregadas ó principio de curso ós pais e nais.

A finalidade é apoiar ós pais na súa labor preventiva mediante o traballo coordenado cos técnicos de prevención de drogodependencias.

Esta revista está incluída dentro do Programa de Prevención Familiar Entre Lusco e fusco que conta con outras moitas actividades como: o deseño das axendas xa mencionadas, a asesoría individualizada e persoalizada para nais e pais nas oficinas do Servizo de Prevención, e charlas-debates realizadas nos Centros educativos.

Dende os seus inicios o equipo de prevención que depende da área de Carmen Basadre, xa visitou e traballou con familias en Nadela, Albeiros, Gándaras, As Mercedes, Anexa, A Ponte, Quiroga Ballesteros, Sagrado Corazón, Rosalía de Castro e Casás.

Nestas charlas-debate trátanse múltiples asuntos relacionados co que fan os rapaces e rapazas durante o seu tempo libre.

Entre as dúbidas que se intenta solventar ós pais destacan algúns temas que os preocupan máis fondamente, coma o de detectar se consumiron algunha substancia tóxica, como inflúen as amizades no seu comportamento, como decidir cando deben comezar a saír e ata que hora, cantos cartos lles debemos dar... e outros aspectos enfocados á prevención do consumo de drogas (tabaco e alcohol, principalmente...). Dado que as idades de inicio sitúanse entre os 11 e 12 anos.

Esta primeira revista terá unha tirada de 10.000 exemplares que se enviarán ós pais, ós centros Sociais, Centros de atención primaria, centros deportivos, etc....



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova