Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo repartirá 2.500 publicacións do Himno Galego


# Xoves, 20/12/2007
O Alcalde anunciou ademais que o Consello da Universidade acaba de aprobar a creación da UNED en Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou esta mañá a publicación conmemorativa que fai o Concello con motivo do centenario do Himno galego. Deste xeito o goberno local quere sumarse ós actos de celebración deste cumpreanos tan importante para a Comunidade galega

Trátase dun marcapáxinas que recolle a historia do himno do país e a letra deste símbolo de Galicia escrita por Eduardo Pondal. López Orozco sinalou que o obxectivo “é achegar este pedazo da historia da nosa terra a todos os lucenses”. Por iso os exemplares, arredor de 2.500, estarán colocados nas dependencias muncipais a disposición de todos os veciños, así como nos Centros Sociais e nos Centros de Ensino da cidade.

O deseño deste marcapáxinas, cun contido feito polo tamén escritor e poeta Darío Xohán Cabana, permite que quen o leve o pregue á metade, para que ocupe menos espazo.

Himno galego

López Orozco lembrou “orgulloso” que a primeira vez que se publicou o himno galego enteiro foi nunha revista en Lugo, concretamente no número 35 do semanario A Monteira, en maio de 1980. “É a miña obriga como Alcalde, contribuir á difusión da nosa historia”.

O Alcalde tamén explicou que no Estatuto de Autonomía de 1981 se lle deu estado oficial e que no 1984 a Lei de Símbolos, aprobada por unanimidade no Parlamento Galego, desenvoleveu a declaración estatutaria publicando a letra de Eduardo Pondal e a partitura de Pascual Veiga no Diario Oficial de Galicia.

O Himno Galego estreouse oficialmente no Teatro Nacional da Habana o 20 de decembro de 1907, nun acto promovido polo Centro Galego desa localidade.

Durante a Segunda República, o Himno foi asumido por todas as forzas democráticas de Galicia. O franquismo non o permitiu e non sería ata os anos 60 cando as forzas galegas de oposición o recuperaron converténdoo nun símbolo de loita pola liberdade.

Aprobada a creación dun Centro da Uned

O Alcalde tamén anunciou que no día de hoxe recibiu a confirmación de que foi aprobada por unanimidade polo Consello de Goberno da Universidade a creación dun Centro Asociado da UNED en Lugo.

Dase así un paso máis neste proxecto impulsado dende hai anos polo Alcalde lucense e que foi un compromiso adquirido por este novo equipo de goberno que se fai posible co apoio de diversas institucións.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova