Imprimir

UN AUTOBÚS PERCORRERÁ LUGO O 31 DE DECEMBRO E O 5 DE XANEIRO EN HORARIO NOCTURNO


21/12/2007

Un autobús urbano funcionará nas noites do 30 e 31 de decembro e a do 5 de xaneiro, como un servizo especial nas festas de Nadal.

Achegará os barrios máis alonxados do centro nun percorrido dunha hora para evitar a mezcla de alcohol e conducción en datas tan sinaladas.

Esta iniciativa, que se puxo en marcha funciona noutras cidades co nome popular de Buho, realízase para evitar que todos os que consuman alcohol esas noites teñan que facer uso do coche particular.

O autobús terá un percorrido dunha hora de duración por toda a cidade con saída e chegada a Sindicatos. A intención é percorrer os barrios máis alonxados do centro.

O servizo do 31 e do 5 de xaneiro comezará ás once da noite (unha vez rematado o de día) e rematará ás ás 8:15 horas.

As paradas oficiais de bus urbanos coinciden co itinerario desta liña especial. Ademais, os billetes e as tarxetas teñen as tarifas habituais.