Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O venres remata o prazo para participar no certame de narración curta Ánxel Fole


# Mércores, 26/12/2007
O premio organizado polo Concello de Lugo está xa consolidado dentro e fóra de Galicia

A Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, pecha este venres 28 de decembro o prazo para participar na X edición do Certame de narración curta Ánxel Fole.

Trátase dun premio literario para relatos en galego e castelán que permite tamén a participación de escritores de fóra de Galicia o que fixo que o premio acadase notoriedade e prestixio fóra do país.

De feito, na edición anterior os relatos premiados en lingua castelá foron de autores de Tarragona e Albacete, e foi nesta modalidade, castelán, onde houbo unha maior participación, coa recepción no 2007 de 50 relatos e 43 en galego.

Ata o día 28 de decembro os autores que o desexen están a tempo aínda de participar neste concurso literario que incrementou os seus premios, que este ano acadan os 1000 euros para o gañador en cada unha das modalidades e 500 euros para os segundos premios de galego e castelán.

A falta duns días para o peche do prazo de recepción de orixinais, a Concellería de Cultura xa recibiu 48 exemplares en galego e castelán. Aínda non se abriron os sobres das narracións presentadas, polo que se descoñece na maioría dos casos a lingua na que se presentan os traballos.

Como nas edicións anteriores, os 4 relatos premiados serán publicados polo Concello para darlle maior difusión ás narracións.

As bases do concurso establecen que cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras orixinais e inéditas escritas en galego ou castelán. O tema será libre e a extensión non superará os 20 folios mecanografiados a dobre espazo por unha soa cara e por triplicado.

Os traballos presentaranse no departamento de Cultura do Concello de Lugo (na Praza Maior) nun sobre pechado, baixo un lema ou pseudónimo na parte exterior e cos datos do autor no interior.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova