Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo conmemora os 100 anos da fundación dos irmáns Maristas na cidade


# Xoves, 27/12/2007
O Concello pleno agasallou á congregación cun pergamino e a placa conmemorativa da felicitación

O Concello de Lugo celebrou hoxe o acto de felicitación ó Colexio la Inmaculada da Congregación Irmáns Maristas, polo centenario da súa fundación en Lugo.

Esta homenaxe foi decidida por unanimidade polo Concello en pleno o pasado 7 de maio, e desenvolveuse nun acto protocolario no que estiveron presentes numerosos mestres do colexio lucense e diversas autoridades.

A celebración comezou cunhas palabras do Alcalde, José López Orozco quen lembrou o seu paso por esta institución, e a algúns mestres que o marcaron na súa formación “os irmáns David e Virgilio que marcharon a Cochabamba, tendo absolutamente todo aquí, para facer o seu maxisterio e dar clase a cativos que os necesitaban”

López Orozco quixo agradecer o traballo feito e que continúa. “Lugo ten que recoñecer o traballo que fan os mestres nesta labor educativa. Neste acto recoñecemos o feito polos irmáns maristas nestes cen anos”.

Posteriormente o Alcalde fixo entrega dunha placa e un pergamino conmemorativo do acto, e o director do colexio, Teodorino Aller, agradeceu a felicitación e garantiu o compromiso de continuar traballando.

Entre as personalidades presentes no acto, estaban o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, o Delegado Provincial de Traballo, José Miguel Vázquez Calvo, o Delegado Provincial de Sanidade, Miguel Ángel Rodríguez Lois, o Fiscal Xefe da Audiencia Provincial, Jacinto Fernández Villalbilla, un representante da Subdelegación de Defensa, Luis Gallego, o Director Provincial do SERGAS, José Luis Rodríguez López e o Director Provincial do INSS, Juan Carlos González Santín.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova