Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo propón un Nadal en familia para a tarde do sábado


# Luns, 31/12/2007
Forma parte das actividades organizadas pola Concellería que dirixe Carmen Basadre

Este sábado 28 de decembro os máis cativos e os seus pais teñen unha cita no Auditorio Gustavo Freire. Esa é a proposta para estas datas da Concellería de Muller e Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre.

Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro das actividades de Nadal que cada ano organiza esta Concellería e que están dirixidas a nenos e maiores.

A proposta recibe o nome de Familia no Nadal e quere favorecer a participación de nais, pais e fillos nas actividades municipais que están em marcha por toda a cidade.

O programa dará comezo ás 17:00 horas cunha actuación de monicreques e dun conxunto de danza infantil de Lugo. Poderán participar gratuitamente todas as familias que o desexen.

Posteriormente, haberá unha merenda con bocadillos e refrescos para todos os nenos e nenas presentes, e a actuación dun contacontos.

Un pouco máis tarde os Reis Magos farán unha visita a todos os cativos que se atopen no Gustavo Freire e que poderán entregarlles persoalmente as cartas cos agasallos que desexan.

Familia no nadal rematará arredor das 19:00 horas coa actuación do grupo de villancicos Sons de Nadal.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova