Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Incidencias da Policía Local


# Luns, 31/12/2007


Accidente de circulación

Na noite do 29 ó 30 dos correntes, ás 0:40 horas prodúcese un accidente de circulación na intersección que conforma a Avenida da Coruña coa rúa Illas Canarias e o Camiño de Pipin.

O accidente prodúcese o colisionar o ciclomotor matrícula C-9479-BTX, que circulaba pola Avenida da Coruña, contra o lateral dereito do turismo matrícula 5854-BSF, que se incorporaba a citada avenida provinte da rúa Illas Canarias.

Froito do sinistro resultan lesionados conductor e ocupante do ciclomotor, e unha muller que ocupaba o asento delanteiro dereito do turismo; o conductor do ciclomotor J.E.M.D. de prógnostico grave, o paxaseiro do ciclo I.A.B. de prognóstico leve e a pasaxeira do turismo A.V.G. de prognostico leve.

Ó lugar dos feitos desplazaronse equipos da Unidade de Atestados da Policía Local, que instrúe dilixencias do sinistro, e do servizo de urxencias 061.

Incendio en café-bar

Dotacións da Inspección Principal da Policía de Barrio da Policía Local así como do Servizo de Bombeiros trasladáronse no día de hoxe, as 15:05 horas, ata a rúa San Lorenzo nº 32, posto que no café-bar “O Chipirón” sito nos baixos do citado inmoble habíase iniciado un incendio na campá extractora da cociña.

Dito incendio foi sufocado polos bombeiros e afectou asemade a instalación electrica do negocio; non se orixinan desgrazas personais.

Os bombeiros remataron os seus labores ás 15:46 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova