Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O ocio alternativo e a alimetación saudable protagonizan os obradoiros de Nadal do Centro Social do Sagrado Corazón


# Xoves, 03/01/2008
O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Muller e Benestar Social visitaron aos nenos e compartiron con eles un ¿almorzo exemplar¿ de media maña

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, achegáronse esta mañá ata o Centro Social Sagrado Corazón para compartir cos nenos participantes nos Obradoiros de Nadal un “almorzo exemplar” de media mañá.

Durante as vacacións de Nadal este centro acolle talleres para nenos de entre 3 e 12 anos de idade nos que unha quincena de pequenos gozan de actividades lúdicas como xogos populares ou manualidades, entre outras, que pretenden estimular a súa creatividade, e serven para que se relacionen con outros rapaces e aprendan a compartir a diversión.

Ademais de ofrecer un ocio alternativo, nestes talleres os monitores lles ensinan aos nenos unha serie de hábitos alimenticios saudables, polo que a media mañá sempre se fai unha pausa nos xogos para compartir un tentempé exemplar composto por un produto lácteo, unha peza de froita e un bocadillo ou un pedazo de empanada de mazá. Con esta iniciativa o Concello de Lugo aposta por sustituir o consumo de lambetadas e doces industriais por alimentos nutritivos, enerxéticos e saudables.

O Alcalde de Lugo explicou que “o goberno municipal traballa para favorecer a conciliación da vida laboral coa familiar e os centros sociais son os espazos idóneos para ofrecer actividades para os nenos nestes tempos de vacacións escolares, deste xeito os pais dispoñen de lugares onde deixar aos pequenos con tranquilidade”.

López Orozco lembrou que desde o Concello de Lugo desenvólvense iniciativas para fomentar hábitos saudables entre a poboación, como os “Almorzos saudables”, as rutas para camiñar, distintos talleres de cociña saudable, todos os obradoiros de ximnasia, ioga ou taichi que se desenvolven nos distintos centros sociais da cidade. O mandatario municipal explicou que “este tentempé exemplar engádese a todas estas iniciativas e trata de ensinar aos nenos a alimentarse con sabiduria evitando o consumo indiscriminado de alimentos perxudiciais como as lambetadas e a bollería industrial”.

Carmen Basadre engadiu que “nos tempos que vivimos os nenos tenden a pasar moito tempo diante do televisor ou xogando coas video consolas polo que tenden a illarse e sacrifican os tradicionais xogos compartidos da infancia, con estes obradoiros os nenos descubren o goce de compartir xogos e poden sociabilizarse a través deste ocio alternativo”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova