Imprimir

O GOBERNO CENTRAL INVESTIU EN LUGO PRETO DE 300 MILLÓNS DE EUROS EN CATRO ANOS


3/1/2008 Son os investimentos máis altos na historia da cidade e confirman o compromiso de Rodríguez Zapatero cos lucenses

O BOE de hoxe publica a aprobación provisional do estudo informativo da nova ponte sobre o río Miño

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, fixo hoxe balance dos investimentos reais feitos polo Goberno Central en Lugo. Trátase das inversións máis elevadas na historia da cidade, cun total que ascende aos 282 millóns 259.026 euros o que supón preto de 47.000 millóns das antigas pesetas.

Para López Orozco a aposta do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero polo despegue de Lugo, faise evidente en investimentos tan importantes coma os dos tramos de autovía en Monte de Meda-Vilamoure, cun investimento de 34 millóns de euros, ou da autovía N-540 Vilamoure-Nadela Sur, que conta cunha inversión de 73 millóns de euros. “Lugo está a vivir un momento moi doce, como nunca. É verdade que era moito o que se nos debía e agora estase a facer xustiza coa cidade”.

Algúns outros compromisos adoptados polo Goberno central nestes catro últimos anos, e que contan con investimentos reais, son a nova ETAP, para a que hai unha aportación de 34 millóns 296.038 euros. Para o mandatario lucense “son realidades, non compromisos no aire”.

Tamén está o CETAL que ten neste momento 18 millóns de euros asignados, e para o que está a piques de ser contratado o Director Xerente e a realización do anteproxecto do edificio na zona de Sanfiz. O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, que será un referente no noroeste peninsular, conta ademais co respaldo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, da Xunta de Galicia, das Caixas galegas e dalgunhas empresas privadas.

López Orozco tamén sinalou como compromisos cos lucenses a execución de obras tan esperadas na cidade como o Auditorio “que por causas alleas a este Concello foi paralizado e conta cun investimento real de 3 millóns de euros do Ministerio de Cultura, para equipamento do edificio”.

O Alcalde tamén se referiu ao paseo de Ombreiro e á nova pasarela en San Lázaro, proxecto para o que se invisten 2 millóns 500.000 euros e que xa está en obras. Tamén a iluminación dende o Ceao ata a Tolda, para a que o goberno central aporta 1.400.000 euros e que tamén está en obras.

As travesías están feitas ou comezados os traballos, a excepción da Avenida de Madrid da que xa se aprobou o proxecto de expropiación e que se licitará proximamente. López Orozco explicou que se fixo a maiores unha nova entrada na N-VI dende Mar Cantábrico ata a Piringalla e que están de novo en obras os accesos ao Ceao, logo dun modificado que mellora a obra en xeral.

Estos son investimentos comprometidos e realizándose por convenio e suman 79 millóns 196.038 euros. O Alcalde lucense explicou que tamén hai investimentos non suxeitos a convenio

• Desdobramento Nadela-Tolda………………. 13.719.601 €

• Desdobramento da Campiña………………….. 1.424.262 €

• Mellora na N-VI……………………..................... 432.012 €

• 2ª Fase de Colectores:

o Estrada Santiago-Tolda………............ 23.400.000 €
o Tolda-nova depuradora……….…....... 16.800.000 €

• Nova EDAR………….…………....................... 39.050.913 €

• Proxecto Autovía Guntín N.-Monte de Meda....... 736.200 €

• Autovía Monte de Meda-Vilamoure............... 34.000.000 €

• Autovía N-540-Vilamoure-Nadela Sur…….. 73.000.000 €

• Nova Terminal de Mercadorías…………......... 1.500.000 €

Todas estas obras supoñen un investimento de 203 millóns 062.988 euros, o que implica unha inversión total dende o Goberno de España de preto dos 300 millóns de euros nestos últimos catro anos só na cidade de Lugo. “Cumpríronse as promesas feitas, pero estas obras o que supoñen é que Lugo se sitúa nun punto de partida inmellorable. As infraestruturas son unha condicio sine qua non para desenvolvernos. Lugo despega”.

O Alcalde lucense explicou que agora quedan dous compromisos “meus, persoais” como son o remate de todas as obras e a chegada do tren de Alta Velocidade. “Agora temos que unir as nosas forzas e reclamar que o AVE chegue a Lugo. Saímos con ventaxa, xa que o desdobramento de Pobra de San Xiao está en obras ”.

A nova ponte no BOE
López Orozco tamén anunciou que o Boletín Oficial do Estado recolle hoxe a aprobación provisional do estudo informativo da nova ponte sobre o río Miño. “Neste momento xa saíu a licitación o proxecto de obra e remata o prazo para a presentación de empresas este mes. A empresa adxudicataria terá 8 meses para facer o proxecto de obras e viais da nova ponte”.