Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza dous cursos para formar especialistas no sector da vixilancia e a seguridade


# Domingo, 06/01/2008
Están subvencionados polo Plan Nacional de Drogas

O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 7 e o 25 de xaneiro

O Servizo de Prevención de Drogodependencias, integrado na Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza dous cursos para formar especialistas no sector da vixilancia e a seguridade.

O primeiro deles correponde á segunda edición do Curso de Vixilante de Seguridade, que impartirán profesionais do Grupo Cetssa e que na primeira edición acadou un notable éxito de participación. Esta boa aceptación motivou a ampliación do número de prazas, que pasan das 20 da edición anterior a 40 divididas en dous grupos. A duración do curso é de 180 horas que se desenvolverán do 1 de febreiro ao 7 de xuño de 2008.

Os contidos do curso dividiranse en dous módulos, xurídico, socio profesional, técnico profesional e instrumental. Neste último trataranse temas como as comunicacións, detección, contra incendios, primeiros auxilios, preparación física, defensa persoal, armamento e tiro.

Doutra banda, a segunda acción formativa consiste no I Curso de Especialista en Explosivos e Escolta Privado e que tamén será impartido por técnicos do Grupo Cetssa. Este curso oferta 20 prazas e terá unha duración de 90 horas. As clases terán lugar todos os xoves de 16:00 a 21:00 horas entre o 1 de febreiro e o 7 de xuño. Para poder participar é imprescindible estar en posesión do título homologado de Vixilante de Seguridade.

Ambos os dous cursos están subvencionados polo Plan Nacional de Drogas e o Concello de Lugo o que reduce notablemente o prezo da matrícula, tarifa que queda fixada en 300 euros para o curso de vixiante e en 100 euros para o curso de especialista en explosivos e escolta privado.

O prazo de inscrición para estes cursos, para os que hai número limitado de prazas, permanecerá aberto entre o 7 e o 25 de xaneiro. Esta deberá formalizarse no Servizo de Prevención de Drogodependencias, situado no Centro Social Uxío Novoneyra, cunha fotocopia do DNI e unha fotografía tamaño carné. Os interesados en ter máis información sobre o mesmo poden chamar ao teléfono 982 297 498.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova