Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Reis Magos chegan a Lugo cunha cabalgata chea sorpresas


# Venres, 04/01/2008
Melchor, Gaspar, e Baltasar innundarán de maxia e ilusión as rúas da cidade

Como cada ano, a cabalgata de reis é o acto máis esperado polos lucenses do programa das festas de Nadal que elabora a Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo. Este ano, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán a cidade nunha comitiva que que contará con moitas sorpresas. Entre outras, as carrozas, cun novo deseño que as Maxestades de Oriente desexan manter en segredo ata a súa aparición ante todos os lucenses.

Sábese que haberá catro carrozas precedidas por unha estrela de Belén moi especial que guiará ós tres magos polas rúas da cidade. Participarán no desfile numerosos paxes infantís e beduínos que acompañarán a comitiva real, así como xinetes, zancudos, monociclistas, malabaristas e máis personaxes circenses.

Como bos amantes da música, os reis contarán no seu percorrido coa compaña dos sons das cantareiras de Cantar das Eiras e María Castaña, a banda de gaitas de Cántigas e Frores, a charanga Riazor e a banda Municipal de Música do Concello de Lugo.

A cabalgata terá lugar o sábado, día cinco, a partir das seis da tarde. Manterá o seu percorrido habitual con saída do parque da Milagrosa, pasará pola avenida da Coruña, porta de San Fernando, praza do Ferrol, rúa San Marcos, praza de Santo Domingo, rúa da Raíña e chegará á praza maior sobre as 19:15 horas. As maxestades de Oriente serán recibidas polo Alcalde, José López Orozco, e a Corporación na Casa do Concello.

Dende o balcón o rei Melchor dará o seu discurso ante pequenos e pequenas da cidade de Lugo e a continuación intercambiarán agasallos co representante municipal.


Finalmente, as maxestades de Oriente recibirán ás nenas e nenos para escoitar as súas peticións de xoguetes e darlles un pequeño agasallo, como adianto do que atoparán na mañá do día 6 aqueles que se portaron ben ó longo do ano, unha bolsa de golosinas.


A comitiva real repartirá entre os lucenses uns 800 quilos de caramelos, que foron cedidos por Begasa, Carrefour e la Caixa e outros que foron mercados a Solidariedade Internacional a través do comercio xusto.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova