Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa "Lugo Cidade Próxima" xa alcanza o 57% de inserción laboral


# Venres, 04/01/2008
Debido á gran demanda rexistrada ampliáronse os cursos e o tempo de execución

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou xunto a Concelleira de Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, os obradoiros de formacion que se están a desenvolver no CEI dentro do programa “Lugo, Cidade Próxima!” que xestiona a Concellería de Emprego.

O mandatario municipal e as ediles asistiron a unha práctica de desbroce con motoserra e conversaron cos alumnos participantes no curso de Traballador Forestal e o seu monitor, que explicou como se incide na formación en previvención dos riscos laborais propios deste sector e como se orienta dun xeito especialmente práctico para formalos como profesionais.

Sonia Méndez explicou que “Lugo, Cidade Próxima” é un proxecto de inserción sociolaboral que está incluído dentro dos Programas Operativos para o fomento do emprego, subvencionado polo Fondo Social Europeo, a través do Ministerio de Administracións Públicas. O importe destinado é de 1.545.960,44 euros, dos cales o Fondo Social Europeo aporta o 70%.

A Concelleira lembrou que este programa é unha continuación do exitoso proxecto “Lugo abrindo camiños” que tivo o rec. Sonia Méndez destacou que “ “Lugo Cidade Próxima” xa está superando os niveis de inserción laboral do proxecto anterior, xa que se sitúa no 57% e aínda non rematou”. Manifestou a súa satisfacción “porque estes índices son moi positivos en todos os programas e o éxito deste programa radica en que os participantes reciben un itinerario formativo personalizado para adaptarse ás súas necesidades”.

Sonia Méndez engadiu que “desde o Concello de Lugo estamos moi satisfeitos con estos datos, xa que superan o ratio do proxecto de “Lugo, Abrindo Camiños” que foi do 54%, e este foi considerado moi ben polo MAP, xa que o distinguiu como exemplo de BOA PRÁCTICA”.


“Lugo, Cidade Próxima” é un proxecto integral que procura unha atención personalizada e multidisciplinar, entendendo que os beneficiarios non presentan únicamente a problemática do desemprego senón que, en moitos casos, interveñen outra serie de variables que dificultan e retrasan o proceso de inserción sociolaboral.

Basease en itinerarios integrais de inserción laboral, que perseguen non só capacitar profesionalmente ós beneficiarios, senón tamén dotalos da formación complementaria e habilidades necesarias para favorecer o seu acceso o mercado laboral (habilidades sociais, hábitos laborais, formación en NT e en capacidades básicas de lectoescritura, matemáticas, graduado…).

Os beneficiarios reciben orientación laboral ao longo de todo o proxecto e proporcionaselles a información e o acompañamento necesarios para a busca activa de emprego. Tamén contan cun servizo de intermediación laboral para poñer en contacto oferta e demanda, que se completa co asesoramento, formación e apoio continuado aos emprendedores que decidan poñer en marcha un proxecto empresarial.

Ampliación do proxecto debido á gran demanda
O proxecto contaba cun prazo de execución desde decembro de 2005 ata xullo de 2007, pero para atender á gran demanda da poboación lucense pola formación e o emprego o Concello de Lugo conseguiu (mediante autorización do MAP), unha prórroga de execución do proxecto ata maio de 2008, que facilitou a organización destas tres novas accións formativas, destinadas a 45 novos beneficiarios.

Impartíronse un total de 5.600 horas de formación no primeiro tramo de execución do proxecto coa única finalidade de mellorar tanto a posibilidade de inserción daquelas persoas que por algún motivo non lograron a súa inserción laboral como de facilitar a vida aos cidadáns lucenses que demanden os seus servizos unha vez finalizado o seu proceso formativo, tanto a nivel teórico como práctico.

Unha vez finalizado o itinerario formativo de cada unha das accións, as entidades encargadas de impartir a acción formativa procederon á avaliación final individual de cada un dos alumnos de cara a valorar o aproveitamento que estes realizaran do mesmo. Finalmente, 121 persoas resultaron beneficiarias do mesmo, é dicir; un 75,62 % das persoas que iniciaron o proxecto finalizaron éste con éxito.

Tanto a través da intermediación laboral recibidas como da propia procura de emprego realizada pola persoa beneficiaria do proxecto de forma individual pero contando co apoio do persoal técnico da Escola para o Emprego (confección currículo vitae, preparación de entrevistas de traballo, procura de empresas de interese, etc.) logrouse, a inserción de 69 persoas participantes no proxecto “Lugo, Cidade Próxima”, o que implica que un 57,02 % destas lograron acceder o mercado laboral unha vez finalizado o seu proceso de formación.

Desenvolvemento de tres novas accións formativas
Na actualidade se estanse impartiendo 3 novas accións formativas que pretenden dar resposta a unha serie de demandas expostas por empresas do sector referidas á carencia de profesionais no ámbito da xardinería e o traballo forestal; así como da demandas por parte dos centros educativos da zona de persoal cualificado que poida apoiar a loita contra o alto índice de fracaso escolar vixente na sociedade actual.

Mediante as tres accións propostas preténdese formar a 45 profesionais, con motivación e interese por lograr a súa inserción no mercado laboral na categoría profesional correspondente á acción formativa realizada.

Cada unha das accións formativas ten unha parte teórica e outra práctica. Durante este mes de xaneiro comezará a desenvolverse a parte práctica en cada unha das accións formativas.

No caso de xardinería e traballador forestal estas prácticas se desarrollarán en terrenos municipales. As prácticas de Monitor de apoio escolar realizaranse en centros escolares e específicos da formación, dentro da cidade; para isto cóntase coa colaboración de a Consellería de Educación. Nesta primeira semana de xaneiro estanse a realizar no curso de traballador forestal, actividades teóricas e prácticas de achegamento ao uso das ferramentas máis comúns en traballos forestales.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova