Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 250 escolares participarán nas V Xornadas de Tear organizadas polo Concello de Lugo


# Domingo, 06/01/2008
Para poder atender a todas as solicitudes ampliáronse as actividades dous días máis

As V Xornadas de Tear organizadas pola Concellería de Muller e Servizos Sociais terán lugar do 8 ó 11 de xaneiro no Centro Social de Fingoi. Como houbo máis solicitudes que horarios ofertados, propúsose amplialas a dous días máis, o 14 e o 15 de xaneiro.

Serán en total preto de 250 escolares de diferentes colexios da cidade os que participarán nestas xornadas. Alumnos do Colexio Anexa, María Auxiliadora, Cervantes, Galén, Casás e integrantes de Aspnais, coñecerán de primeira man as técnicas de tear.

Como final das xornadas, o día 15 ás 10:30 horas farase un almorzo na cafetería do Centro Social coas voluntarias que exercen de monitoras (alumnas dos obradoiros de Tear).



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova