Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

DISCURSO DOS REIS MAGOS NA SÚA VISITA A LUGO


# Sábado, 05/01/2008
Centos de nenos e maiores seguiron a cabalgata das Maxestades de Oriente pola cidade

BOAS NOITES, QUERIDAS NENAS E NENOS
BOAS NOITES, QUERIDA XENTE DE LUGO

Que marabilla estar de novo nesta cidade á que levamos tanto tempo vindo! É para nós unha enorme ledicia compartir outra noite de reis coas cativas e cativos de Lugo que nos acollen con tanto agarimo. Tanto para min como para os meus inseparables amigos, o Rei Gaspar e o Rei Baltasar, é fantástico pasar por aquí cada Nadal e pasar unhas horas con vós antes de marchar deixándovos centos de agasallos.

Porque este ano, fóstedes bos verdade? Non vos escoito ben!!! Que tal vos portástedes?

Lugo, é para nós un símbolo no noso camiño. É a capital galega co máis fermoso pasado romano; a cidade que celebra as famosas festas do San Froilán. Lugo conta cuns veciños especiais, que sempre nos acolleron co mellor dos sorrisos.

Cada ano que pasamos por aquí, achegámonos a visitar a muralla romana, única no mundo e Patrimonio da Humanidade dende hai sete anos. Dende hai 2000 anos a Muralla Romana de Lugo está presente en cada unha das nosas viaxes e tamén a boa comida, o magnífico pulpo, como esquecelo!

Pero, meus queridos nenos e nenas: ¿SABEDES QUE É O QUE MÁIS NOS GUSTA DE LUGO? ¿SABÉDELO?

O que máis nos gusta de Lugo sodes vós, a súa boa xente. E é que ver toda esta praza chea de xente, é o mellor agasallo que nos podíades facer. Moitísimas grazas polo voso cariño e pola vosa cálida benvida.

Os Reis Magos queremos aproveitar este momento para dar un especial agradacemento aos nosos maiores. Eses que cunha enorme paciencia nos esperan cada ano a pesar de moito frío que fai. Eles, xunto coas nais e pais, son os que permiten que nos cativos perviva a ilusión e a maxia desta noite. A NOITE MÁXICA DE REIS. Esa na que os vosos desexos se converten en realidade, a noite na que dende Oriente nos achegamos para deixarvos aqueles agasallos que levades tempo esperando.

Aínda que xa sabedes que para que deixemos todos os regalos en Lugo tedes que se bos. COMO VOS PORTÁSTEDES ESTE ANO? ¿FOSTES BOS?
Escoitádelos? Eu non escoito nada! NON SE ESCOITA, ¿FOSTES BOS ESTE ANO?

Isto é outra cousa. A verdade é que xa nos adiantara algo o Alcalde.


Este ano trouxemos as carrozas cheas de ilusión e de xoguetes para vós. Os nosos camellos non podían con todo, pero penso que a maior parte das vosas peticións chegarán de madrugada ós vosos fogares e ós de moitos cativos que se mercen unha noite de Reis especial. Non credes que temos que repartir os regalos con todos os cativos do mundo?

Pois ben, estamos de acordo.

Este ano traémosvos unha sorpresa para todos: quero adiantarvos que neste 2008 teredes un agasallo moi bo. O Alcalde díxonos que sodes uns cativos e cativas moi especiais, así que decidimos traervos unha nova biblioteca para o barrio da Piringalla: Alí poderedes achegarvos á lectura, ós contos, ás historias, nalgunhas falase de nós sabedes?

Gustavos o regalo deste ano?

Pois aínda hai máis. Os Reis Magos cremos importante o exercicio da mente e tamén do corpo, por iso tamén vos traeremos un Campo de beisbol para TODOSSSSS os rapaces e rapazas de Lugo.

Gústavos? Estades contentos?

Pois isto non remata aquí... aínda hai máis... QUEREDES MÁIS AGASALLOS PARA COMPARTIR CON TODAS AS NENAS E NENOS LUCENSES?

Este ano tamén se darán pasos na realización do Museo Interactivo da Historia de Lugo. Veredes qué marabilla!!!. Historia e novas tecnoloxías, todo para achegarnos ó pasado desta fermosa e misteriosa cidade. E teredes novos parques infantís e unha nova gardería para axudar ás nais e pais que teñen que traballar e queren que os máis cativos quededes sempre ben atendidos.

¿PARÉCEVOS BEN? NON TEREDES QUEIXA ESTE ANO, NON?

Ben, pois temos moitas ganas de falar con vós. Veña, entrade que vos esperamos dentro.

Lucenses!!! Apertas moi fortes para todas e todos e ata o ano que vén !!



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova