Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Este mércores remata o prazo para presentar os traballos no II Concurso de Carteis de Entroido 2008


# Luns, 07/01/2008
Os deseños pódense presentar ata ás 14:30 horas do día 9 de xaneiro nas oficinas da Concellería de Cultura

A Concellería de Cultura e Turismo, dixirida por Concepción Burgo, celebra o II Concurso de Carteis Entroido 2008, aberto a todas as persoas que o desexen. Cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre no que deberá aparecer o seguinte texto: “Entroido 2008, 1-6 de febreiro- Concello de Lugo”, e será requisito indispensable que o escudo da cidade figure no cartel.

O prazo de presentación de carteis remata este mércores, 9 de xaneiro de 2008, ás 14:30 horas. Todos os participantes poden presentar a súa obra nas oficinas da Concellería de Cultura e Turismo, situada na planta baixa da Casa Consistorial. As obras deberán presentarse sen nome nin sinatura do autor/autores e baixo un título cun sobre pechado co boletín de inscrición ou os datos persoais. O cartel gañador pasará a ser propiedade do Concello.

O premio está dotado con 600 euros e o xurado vai estar composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.

O Concello repite este concurso de carteis creado no 2007 coa fin de enfatizar estas festas e aumentar a súa difusión.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova