Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A revista virtual Foeminas publica un novo número


# Martes, 08/01/2008
Os seus lectores xa a poden ler na web municipal

A revista Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina www.lugo.es. Esta publicación virtual chega ao número vintetrés da súa andaina.

O sumario deste viséximoterceiro número aborda os seguintes temas:

En Historia de Mulleres presentamos a segunda entrega das Irmás Mirabal.
En Portada publícase un artigo titulado “Xornadas sobre violencia e un labirinto pola igualdade en Lugo” que recorda as xornadas realizadas en Lugo conmemorando o 25 de novembro (Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero) e 3 de decembro (Día Internacional das Persoas con discapacidade).
Na nosa Galería de Arte exponse a obra de Annete Messager cun artigo escrito por Luz Darriba.
Contemporánea presenta o interesantísimo traballo da artista portuguesa Ana Fernandes.
A Portada publica unha entrevista a Ana Míguez relacionada cos premios Alecrín-Alacrán. Tamén unha entrevista a Iria Noa López Novo, baixista de Moondogs Blues e Meskalina, realizada por Cristina Curral Soilán.
Mullerciclopedia presenta un traballo dedicado á música norteamericana Carolyn Bremen realizado por Luisa Carro Cabaleiro.
E tamén hai espazo para as tradicionais seccións Viaxeiras, Mullerecetario e Foeminas panorámica.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova