Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Declaración Institucional do Concello de Lugo


# Martes, 08/01/2008


A Corporación Municipal do Concello de Lugo quere manifestar o seu profundo pesar pola morte do Bispo de Lugo, Frei Xosé H. Gómez, fillo adoptivo deste concello.

Nun día tan triste coma o de hoxe, queremos unirnos á dor que sinten moitos lucenses pola perda dunha persoa que viviu e participou durante 27 anos na historia da Diócese e da nosa cidade.

Hoxe é un día triste para todos, crentes e non crentes. Frei Xosé era un home bo e afable do que todos temos palabras de agradecemento pola entrega humilde e sen condicionantes no seu traballo diario. Foi un home sempre disposto a apoiar, servir e axudar aos que máis o necesitaban.

O Concello de Lugo quere renderlle esta última homenaxe e por todo isto, decrétanse tres días de loito oficial que comezarán hoxe ata o xoves día 10 de xaneiro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova