Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza a I Liga de Fútbol 7 para veteranos


# Martes, 08/01/2008
Os encontros disputaranse no Campo de fútbol de O polvorín entre o 8 de xaneiro e o 11 de xuño

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto á Presidenta do Club Deportivo Polvorín, Maria Carmen Téllez, e o coordinador do torneo, Julián Merodio, a I Liga de Fútbol 7 en Lugo.

Díaz Grandío explicou que “desde o Concello de Lugo trabállase por fomentar a práctica do deporte entre os lucenses e crear unha oferta de novas modalidades que chegue a todos os gustos e a todas as idades, como é o caso do fútbol 7 que vai destinada a persoas de entre vinte e corenta anos, que aínda non están considerados veteranos pero que xa tiñan abandonado o deporte”.

A creación desta liga de fútbol 7 é unha novidade en Lugo, pero xa funciona con moito éxito de participación en A Coruña e Vigo. Para esta primeira edición xa están inscritos 11 equipos que disputarán un total de 22 encontros entre o 8 de xaneiro e o 11 de xuño.

Os partidos disputaranse no campo de fútbol municipal de O Polvorín os martes, mércores e xoves ás 21:45 horas, que é un horario que non interrumpirá as actividades cotiás das instalacións.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova