Imprimir

OS PRINCIPAIS GASTOS DAS FAMILIAS LUCENSES NO NADAL FORON PARA OS AGASALLOS


9/1/2008

Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello a través da páxina web municipal, www.lugo.es, para coñecer en qué gastaron máis cartos os lucenses durante as festas de Nadal, sinalan que o 53,61% onde gastaron máis cartos foi nos agasallos.

Entre as tres opcións restantes propostas na enquisa, os resultados quedaron do seguinte xeito:

- O 16,68% dos participantes, gastaron máis en alimentos.

- A lotería foi onde máis investiron o 12,04%.

-O ocio foi a opción elexida polo 9% dos lugueses.

-O 5,4% dos participantes indicaron que destinaron máis cartos para viaxes.

-A opción menos votada foi a de outros, que foi seleccionada polo 3%.

Nesta enquisa participaron 166 internautas e mantívose activa entre o 19 de dedecmbro de 2007 e o 9 de xaneiro deste ano. A web municipal, www.lugo.es, propón unha nova cuestión sobre os hábitos de lucenses para manterse informados.