Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os titulados en FP poden realizar prácticas en empresas europeas ao abeiro do programa Lugoqualitas


# Venres, 11/01/2008
O prazo para inscribirse neste proxecto remata o martes 15 de xaneiro

O Concello de Lugo, mantén aberto o prazo de inscrición no proxecto “Lugoqualitas”, encadrado no Programa Leonardo da Vinci, que promove a concesión de bolsas de 13 semanas de duración para a realización de prácticas laborais en empresas de Italia e Polonia. Estas axudas van dirixidas a mozos e mozas, de entre 18 e 25 anos, titulados no eido da formación profesional nos tres últimos anos.

Os interesados poden presentar a solicitude dispoñible na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.es e nos centros de Formación Profesional da cidade ata o vindeiro martes, 15 de xaneiro.

Os candidatos deberán posuír un nivel de inglés medio, tanto lido e falado como escrito. Valoraranse, asimesmo, os coñecementos da lingua do país de destino. O número de estancias previstas é o seguinte:

- 10 estancias para prácticas profesionais en Italia
- 10 estancias para practicas profesionais en Polonia

O programa formativo constará dunha preparación lingüística no país de acollida e da realización de prácticas laborais especializadas, de acordo co perfil dos beneficiarios e beneficiarias. A designación das empresas nas que se efectuarán as prácticas decidirase en colaboración cos socios intermediarios do Proxecto Lugoqualitas e e tras a realización dunha entrevista persoal profesional con cada un dos beneficiarios.

Para obter máis información pódese chamar ó numero de Atención Cidadá do Concello 010 e na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Lugo 982 297 220.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova