Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo participa nun proxecto pioneiro para a aplicación da t-administración


# Luns, 14/01/2008


Será a través do Proxecto-TDT desenvolto en colaboración con Telefónica a nivel nacional

Medio centenar de lucenses poderán participar gratuítamente no proxecto e ser os primeiros en experimentar esta nova t-administración


Os interesados só teñen que chamar ao 010 o martes, 15 de xaneiro

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentaron o Proxecto-TDT que o Concello desenvolverá en colaboración co Ministerio de Industria, Telefónica e RTVG. O mandatario municipal destacou que o Concello de Lugo aposta polas políticas de difusión das novas tecnoloxías e amosou a súa satisfacción “xa que Lugo, xunto a Sarria, foron elexidas polo Ministerio de Industria para acoller a nivel galego a aplicación piloto deste proxecto pioneiro”.

López Orozco explicou que “as posibilidades de da televisión dixital na aplicación de novas tecnoloxías é infinita e fará posible a creación da t-administración”. Con esta iniciativa o Concello de Lugo poderá ofrecer servizos de t-administración a través da canle de televisión, co obxectivo de proporcionar o acceso aos servizos públicos das Administracións Públicas (Autonómicas / Locais) a través da TDT (Televisión Dixital Terrestre).

Os cidadáns poderán beneficiarse de tres niveis de servizos distintos:
- Os Servizos de Información que servirán ao Concello para achegar todos os contidos relacionados coa información municipal e para que os cidadáns consulten a actualidade municipal.
-Os Servizos Personalizados, a través dos cales crearase un sistema de comunicación directa entre o cidadán e a administración para dar a posibilidade de realizar consultas e de obter respostas.
-Os Servizos Transaccionais que terán un carácter bidireccional para que os cidadáns poidan facer pagos, trámites e recibir avisos dun xeito totalmente seguro e confidencial. Ademais de trámites burocráticos os cidadáns poderán realizar compras a través da televisión nun futuro non moi lonxano.

En Lugo poderán participar gratuítamente un cincuenta lucenses que serán os primeiros en experimentar os beneficios da t-administración. Os únicos requisitos que deben cumprir son dispor de sinal de TDT nos seus domicilios e de acceso con banda ancha a internet.

Os interesados en participar teñen que chamar desde o martes, día 15 de xaneiro, ao 010 e a selección realizarase por rigorosa orde de chamada entre todos aqueles que cumpran os requisitos.

O desenvolvemento da experiencia piloto realizarase entre os meses de febreiro e xuño e servirá para coñecer as opinións de os usuarios, as necesidades e para correxir e mellorar a aplicación deste servizo.

Un novo concepto: a t-administración
Ao ser a televisión unha canle de comunicación universal e amplamente distribuído, considérase a mellor canle para ofrecer os servizos personalizados e de información das administracións autonómicas e local coa seguridade de que van chegar a toda a cidadanía.

A entrada en funcionamento dos servizos da t-administración causarán un importante cambio social, económico e político ao facilitar unha comunicación directa e integral entre a administración pública e o cidadán que recibirá os servizos municipais na súa casa a través do seu aparato de televisión.

Con este novo sistema de aplicación poderán integrarse os back-office dos distintos concellos e da Xunta de Galicia cos aplicativos ofrecidos a través da TDT para pasar de e-Goberno a T-Goberno reducindo deste xeito a fenda dixital.

A solución componse das seguintes características técnicas:
-dunha banda, está baseada no estándar aberto MHP (Multimedia Home Plataform) e o usuario ten acceso ás aplicacións a través da cabeceira de emisión de TDT da canle autonómica A Galega.
-doutra banda, aproveitase o ancho de banda sobrante da TDT para aplicacións interactivas (non supera o 20%).

Posta en marcha do proxecto
O Proxecto-TDT desenvolvese en dúas fases de aplicación:

a.- Fase 1
Nun primeiro paso distribuiranse os mecanismos aplicativos entre os cidadáns seleccionados nas cidades participantes nesta experiencia piloto. Neste primeiro momento terán acceso á difusión por TDT de tres servizos da Xunta de Galicia:
-O Servizo MHP do Portal de Función Pública: informativo
-O servizo MHP de Urxencias 112 de Galicia: informativo
-O servizo MHP de Meteogalicia: interactivo

b.- Fase 2
No segundo paso, en Lugo, ademais destes servizos autonómicos, engadiranse as aplicacións específicas do Concello:
-O servizo MHP de Actualidade: informativo
-O Servizo MHP de Axenda: informativo
-O Servizo MHP de Avisos: informativo
-O Servizo MHP de Directorio Telefónico: informativo




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova