Cargando....
Concello de Lugo
27/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello porá en marcha un sistema de evaluación dos orzamentos como garantía de transparencia na súa xestión


# Luns, 14/01/2008
A Concelleira de Economía explicou que a boa xestión dos orzamentos nestes anos de goberno pódese comprobar en servizos reais á disposición da cidadanía

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicou hoxe que a boa xestión dos orzamentos nestes anos de goberno permitiu que os servizos do Concello de Lugo “mellorasen extraordinariamente”. Isto fixo pensar ó seu departamento en facer pública a evolución real dos orzamentos para que os veciños coñezan cada certo tempo en que se invisten os cartos públicos. Para iso vaise a poñer en marcha un sistema de evaluación dos servizos públicos.

Para Sonia Méndez, permitirá que os veciños se acheguen máis á realidade que implican “datos económicos recollidos nuns orzamentos”.

A Concelleira explicou que para iso se empregarán indicadores da evolución dos orzamentos, “os presupostos do Concello son unha realidade que ó longo destes anos se plasmaron en mellores servizos, incremento dos horarios de atención ó público, aumento das actividades... Agora queremos que esta realidade a coñezamos todos”.

O goberno local sostén a importancia máxima de aumentar ano tras ano o esforzo en investimentos do capítulo VI, e así se recolle nos orzamentos para o 2008 como tamén o incremento do capítulo II, considerado como un gasto necesario e nalgúns casos imprescindible, por destinarse a investimento en persoas.

Esta é a tendencia ademais das directrices da Unión Europea para a converxencia: "un novo modelo de crecemento destinado a medrar máis, ser máis competitivos e converxer con Europa, incorporar as novas tecnoloxías e mellorar a educación”, aspectos que recollen os orzamentos deste ano.

A Concelleira explicou que “a xestión eficaz e eficiente dos orzamentos” permitiu a mellora de todos os servizos municipais:

- Empresas de iluminación pública:
O Concello pagaba no 2000, 1.700.000 euros e no 2008 pagará 2.150.000 ás empresas de suministro e de mantemento da iluminación pública, é dicir, o gasto incrementouse en só un 26% a pesar de que os puntos de luz en servizo aumentaron un 35% pasando de ser 12.900 a ser 17.500.

- Empresa de limpeza e recollida de lixo:
No ano 2000 pagabase 3.558.000 euro e no 2008 7.651.000, que se traducen en que TODO o ámbito urbán do municipio é limpado pola empresa, que recolle un 63% máis de papeleiras, un 85% máis de litros de lixo dos novos colectores. Ademais, a empresa, pasou a poñer a disposición dos lucenses 22 máquinas máis de recollida e de limpeza e 12 traballadores máis.

- Empresa de mantemento de zonas verdes:
A superficie de zona verde pasou en Lugo de 1.072.996 m2 a 1.475.000 m2 (38%)

- Emerxencia social-Axuda no fogar:
A aposta do goberno local pola lei de dependencia amósase nas cantidades que este Concello aporta para a axuda no fogar ano tras ano. A aportación municipal pasou de 320.000 euros em 2004, (cando non se prestaba nin as fines de semana nin polas noites) a 650.000 en 2008 cun horario diario nocturno e diurno (sen contar a aportación doutras administracións).

- Benestar social-escolas rurais:
En benestar social aparecen tamén servizos novos con relación ós últimos anos, xa que se puxeron en funcionamento 4 Centros Cívico.

En canto ó turismo, as actividades de promoción turística e cultural, fixeron que o número de visitantes se incrementara nun 300%.

En actividades de deportes o gasto corrente supera neste exercicio o millón de euros e neste momento xa hai máis de 5.000 usuarios das escolas deportivas.


Sonia Méndez destacou ademais a calidade destes servizos “máis do 78% dos servizos que presta o Concello están acreditados por certificados de calidade ISO 9001-2000 ou en proceso de tramitación do mesmo. Todos os contratos importantes pola contía ou o servizo que prestan xa o teñen a día de hoxe: mantemento da iluminación, mantemento da EDAR, actividades deportivas, mantemento da sala de tráfico, limpeza e recollida de lixo, atención telefónica 010, mantemento de xardíns e zonas verdes”.

Algunhas tamén teñen certificados de calidade medioambiental e cada vez son máis as empresas que cumpren requisitos de calidade social, que tratamos de implantar.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova