Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Oficina de Turismo do Concello de Lugo atendeu no 2007 a preto de 9.000 visitantes máis que no ano anterior


# Martes, 15/01/2008
A Concellería de Cultura e Turismo editou a terceira Guia do Tapeo de Lugo.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixo balance das visitas de turistas á cidade o pasado ano. A Concelleira indicou que no 2007, un total de 40.212 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo para solicitar información. Esta cifra supón un incremento de 8.526 visitas respecto ó ano pasado. Agosto e outubro foron os meses do ano nos que máis turistas se achegaron a cidade con 9.245 e 9.124 visitas respectivamente.

Un total de 28.208 das persoas que acudiron a Oficina de Turismo do Concello procedían do estranxeiro. Os foráneos que máis visitaron a cidade foron os franceses, seguidos polos italianos e os arxentinos.

Do resto de España foron os catalanes e os madrileños os turistas máis numerosos, seguindo coa tónica dos pasados anos.

Os museos da cidade recibiron tamén numerosas visitas. O Centro Arqueolóxico de San Roque tivo un total de 3.670 visitantes; a Casa dos Mosaicos 19.192 e a Sala de Exposicións Porta Miñá 3.661.

Nadal en Lugo

Dende o 22 de decembro do 2007ó 6 de xaneiro de 2008 a Oficina de Turismo do Concello de Lugo atendeu a 561 visitantes, o que supón un ascenso do 100%. Os museos lucenses tamén recibiron nas datas de Nadal un bo número de visitantes: a Casa dos Mosaicos contou con 438, Porta Miñá con 99 e o Centro Arqueolóxico de San Roque 76.

Estas cifras non fai máis que confirmar que a Cidade de Lugo estase a converter, ano tras ano, nun destino turistico cada vez máis solicitado por visitantes nacionais e extranxeiros.


Tapeo en Lugo

A Concelleira tamén presentou a nova Guía de tapeo da cidade, elaborada despois do III Concurso de tapas organizado pola Concellería de Cultura e Turismo. “Tratase dunha publicación de moita calidade onde se integran todos os establecementos que participaron no concurso. É unha forma de promocionar a gastronomía da cidade”.

O Concello asumiu o custo total de 4.332 euros para a elaboración destas 1000 guías, que estarán presentes en FITUR, repartiranse na Oficina de Turismo de Lugo e a diferentes empresas de turismo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova