Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acollera unhas xornadas para capacitación de técnicos de instalacións deportivas


# Martes, 15/01/2008
Nestas Xornadas Técnicas impartirase o coñecemento da lei de Armas

O Centro social Uxío Novoneyra acollerá o 19 e o 20 de xaneiro unhas Xornadas Técnicas para capacitación de Técnicos de Instalacións Deportivas, nas que xa están inscritos cursillistas de toda España.

A Federación Galega de Tiro con Arco, tendo en conta as condiciones especiales derivadas da práctica deste deporte, a seguridade necesaria para o seu desenvolvemento e a esixencia da lei actual de Armas coas súas correspondientes Ordes Ministeriales e Reales Decretos, considerou preciso desenvolver este curso en Lugo.

O Arco está considerado pola Ley como un arma, sendo necesario para o seu uso, transporte e custodia a posesión da Licencia Deportiva expedida pola Federación, mediante a que queda amparada toda actividade relacionada co mesmo. Ademais, esta lei tamén regula a práctica deportiva referida a entrenamientos e competicións de todo tipo, polo que as instalacións para a actividade deben reunir unhas condicións perfectamente tipificadas e prohíbese ó mesmo tempo cualquera outro lugar.

Precisamente é neste terreo onde o Técnico de Instalacions deportivas ten o seu campo de actuación, xa que os seus coñecementos e facultades que lle otorga o seu título e lle capacitan para certificar a idoneidade de cualquera instalación que reúna as condicións legais esixidas.

Nestas Xornadas Técnicas impartirase o coñecemento da lei de Armas, as categorías das mesmas estimadas polo Ministerio do Interior, a adquisición legal e correcta dos arcos e flechas, a súa tenencia, transporte e uso. Ademais tratarase a solicitude e tenencia de Licencia Federativa, as condiciones de seguridade de campos, circuítos de campo e polideportivos, a seguridade en competicións deportivas e a clasificación dos deportistas según a súa actividade. Estas materias lectivas serán expostas por dous profesores-técnicos da Real Federación Española de Tiro con Arco desplazados a Lugo a este fin.

Galicia en xeral, e sobre todo Lugo e provincia, necesitan contar no plazo máis breve posible con Técnicos de Instalaciones que posibiliten el uso deportivo del Tiro con Arco de las mismas supervisadas por eles, co fin de adaptar esta actividade ás normas legais en vigor.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova