Cargando....
Concello de Lugo
28/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O escalador internacional Luis Penín foi recibido no Concello de Lugo


# Mércores, 16/01/2008
O Goberno Local seguirá fomentando a práctica deste deporte

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiu no Concello ó escalador lucense Luis Penín Franco. O deportista foi premiado recentemente pola Federación Española e o Consejo Superiror de Deportes co premio de Alto Rendimiento y Actividad pola realización en libre da vía No Limit en Kandersteg (Suiza) o pasado 4 de marzo. Penín indicou que “esta vía é unha das catro máis duras do mundo, pero quedan outras que espero conseguir. Sempre hai un reto máis dificil que lograr e alguén mellor que un a superar”.

Díaz Grandío indicou que o Concello quere fomentar a práctica e o apoio a este deporte. Por iso, ante a demanada dos escaladores da cidade instalouse na planta baixa do polideportivo do Palomar un búlder, lugar que “xa acolleu dos campionatos galegos e que serve de espazo de adestramento para os deportistas da cidade”.


Ademáis, o Concelleiro explicou que xa está en fase de contratación o rocódromo que se vai construir o carón do pavillón deportivo de Duquesa de Lugo. “A idea e que sirva para a iniciación, para comezar a crear unha afición á escalada entre os lucenses, xa que contamos con escaladores de alto nivel que son un orgullo para nos”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova