Imprimir

O CONCELLO DE LUGO HABILITA UNHA LIÑA DE BUS ESPECIAL PARA BAIXAR AO CONCERTO DE HELLOWEEN, AXXIS E GAMMA RAY


17/1/2008 A partir das 18:30 horas e cada 15 minutos un bus comunicará a Praza de Santo Domingo co Pazo de Feiras e Congresos

O Concello de Lugo habilitará este xoves, 17 de xaneiro, unha liña de autobus especial para comunicar o centro da cidade co Pazo de Feiras e Congresos con motivo da celebración do macroconcerto dos grupos de heavy metal Helloween, Axxis e Gamma Ray.

Deste xeito os asistentes ao espectáculo musical terán a súa disposición un servizo de transporte gratuíto e adaptado que sairá desde a Praza de Santo Domingo, a partir das 18:30 horas e cunha periodicidade de 15 minutos, hacia o recinto feiral. Ademais, haberá un servizo de volta a partir das 00:30 horas hacia o centro da cidade.

As portas do recinto abrirán ás 19:00 horas e o concerto arrincará a partir das 20:00 horas. O público asistente vibrará cun dos mellores espectáculos de heavy metal co que as míticas bandas xermanas están a percorrer varios continentes nesta xira mundial.