Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza o II Maratón Empresarial Universitario


# Xoves, 17/01/2008
O premio para o equipo gañador será unha viaxe a Londres

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Vicerreitor Adxunto de Inverstigación e de Proxección exterior do Campus de Lugo da USC, Agustín Merino, presentaron o II Maratón empresarial Universitario. Campus Enterprise que terá lugar no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo a partir do 21 de febreiro.

Trátase dun concurso por equipos integrados por alumnas e alumnos universitarias do último ou penúltimo curso da súa carreira. A concelleira explicou que “o obxectivo é realizar unha simulación de xestión empresarial a través dun programa informático na que, competindo entre equipos de tres ou catro membros, os participantes poderán testar a súa capacidade para xestionar o funcionamento global dunha empresa”.

Méndez indicou que na edición do ano pasado o programa tivo moito éxito entre os participantes. “Realizouse unha enquisa de satisfacción ós 26 competidores do 2007 e a nota acadada polo maratón foi de un 8´28, ademáis recibimos moitas suxestións dos participantes que se tiveron en conta para melloar a edición deste ano”.

Entre as novidades desta edición, destaca que os equipos xogarán unha primeira fase, e farase unha clasificación por volúmen de beneficios acumulados e os oito mellores equipos pasarán á segunda fase, da que sairá o equipo vencedor. Todos os participantes na primeira fase terán dereito a un crédito de libre configuración concedido pola USC e outro máis se xogan na segunda. O equipo gañador obterá como premio unha viaxe a Londres que poderá disfrutar no ano 2008.

Os interesados poderán inscribirse a través da páxina web do CEI: http://cei.lugo.es ou do Rexistro Xeral do Concello, na Ronda da Muralla nº179, ata o 31 de xaneiro de 2008. A cuota de inscripción será de 20 euros por persoa.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova