Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 100 expositores participarán en FIMOBLE 2008


# Xoves, 17/01/2008
A Feira, presentada polo Alcalde, conta coa colaboración do Concello de Lugo e da Deputación Provincial

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por Juan Carlos López, Director de Fimoble, e por Rubén López, Xerente da Fundación Ferias, presentou a II edición da Feira Internacional do Moble que terá lugar en Lugo dende o 31 de xaneiro e ata o 3 de febreiro.

López Orozco, destacou a importancia de que sexa Lugo a cidade seleccionada para acoller este encontro de profesionais do sector do moble, que comeza a converterse nun referente en Galicia.

De feito, este ano os organizadores esperan a participación de preto de 100 expositores chegados dende diferentes puntos de España e Portugal o que suporá que se ocupen os dous pavillóns do recinto e uns beneficios que estiman se aproximen, segundo explicou Juan Carlos López, ao millón de euros.

O Alcalde lucense indicou ademais que en Lugo capital hai máis de 30 profesionais do sector o que a converte nunha “feira moi importante para a cidade. Ademais no conxunto da provincia hai empresas que traballan moito fóra. É unha feira competitiva e competidora, pero o importante é que compita con calidade”.

Nesta edición haberá expositores chegados de Andalucía, Valencia, Murcia, Soria, Toledo, Asturias, Tarragona, Segovia e Portugal.

Os organizadores anunciaron que a partir deste ano a celebración será bianual e no 2010 espérase incrementar a presenza de expositores ata chegar aos 150 profesionais.

Para a celebración de Fimoble 2008 os organizadores contaron coa colaboración do Concello de Lugo e da Deputación. O Alcalde desculpou a ausencia do Presidente provincial que, dixo, “manifestou a súa aposta por feiras coma esta na cidade”.

FIMOBLE 2008:
Do 31 de xaneiro ata o 3 de febreiro de 2008
Horario continuado de 10:30 a 19:30 horas




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova