Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un estudante de deseño de Lugo gaña o II Concurso de Carteis de Entroido


# Xoves, 17/01/2008
A Concelleira de Cultura e os membros do xurado presentaron a resolución deste certame

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, presentou xunto aos membros do xurado, Mercedes Barreiro, Gerardo Jesús Cao Peón e Christian Gutiérrez, a resolución do II Concurso de Carteis de Entroido organizado por esta concellería co fin de promocionar estas festas.

O xurado do certame reuníuse esta mañá na Casa Consistorial para seleccionar o cartel gañador desta segunda edición. O faio foi emitido ás 12:35 horas, tras case corenta minutos de deliberación, declarando gañador ao cartel titulado “O Entroido sen rostro”. O autor da obra galardonada é Borja Portela Bernárdez, un alumno da Escola de Arte Superior e Deseño Ramón Falcón da cidade, que recibirá o premio de 600 euros.

A edil destacou a gran calidade dos trinta e un traballos presentados e comentou que “en nome dos membros do xurado podo salientar a magnífica calidade dos traballos, cousa que dificultou a elección do cartel gañador, pero que se produxo con unanimidade”.

A Concellería de Cultura realizará uns cinco mil carteis e uns dez mil programas de man para promocionar as festas do Entroido 2008 na cidade e nalgúns puntos da provincia. Concepción Burgo adiantou que este ano o programa festivo mantén o carácter típico das Festas de Don Carnal “que se fan na rúa e coa implicación da xente polo que haberá máis orquestras e máis animación na rúa, ademais dos tradicionais concursos de disfraces para nenos e maiores”. Ademais, explicou que haberá máis novidades pero que se presentarán proximamente.

A concelleira lembrou que os interesados en participar no concurso de Ferretes poden presentar as súas composicións nas oficinas da Concellería de Cultura,situadas na Casa Consistorial, ata o vindeiro día 31 de xaneiro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova