Os lucenses celebran a festividade de San Antón Lacoeiro, patrón dos animais
# Xoves, 17/01/2008
A Praza da Soidade acolleu a tradicional bendición a propietarios e animais
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, participaron nos actos de celebración de San Antón Lacoeiro, patrón dos animais, e que ano tras anos reúne a moitos lucenses que acoden para que os seus animais reciban unha bendición eclesiástica.
A Praza da Soidade acolleu entre as 18:30 e as 20:00 horas os actos desta tradicional celebración que cosistiron nunha misa e na posterior bendición, ademais dunha subasta de produtos para animais donados por distintas casas comerciais.
Este acontecemento organizado polo Concello de Lugo e a Sociedade Protectora de Animais e Prantas congrega cada ano a moitos lucenses que levan á cita ás súas mascotas. Cans, gatos,cabalos e outros animais foron os protagonistas deste festexo.
Compartir: