Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 2000 atletas participarán na carreira Nocturna de Reis


# Venres, 18/01/2008
A saída terá lugar o sábado 19 de xaneiro ás 19:00 horas

Mañá sábado 19 de xaneiro celébrase a tradicional Carreira Noctura de Reis na praza Ramón Ferreiro de Lugo, a que supón a segunda carreira do circuíto Corre con Nós desta edición 2007/2008 para os adultos e a terceira para os rapaces.

Estas probas son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español. Están organizadas polo Concello de Lugo e O Club Medio Maratón e patrocinadas por As Termas e Begano Coca Cola.

Xa está pechado o prazo de inscripción para todas as categorias menores e absoluta, contando con 1050 adultos e 984 rapaces. Os participantes poderán recoller o seu dorsal e chip na zona de saída de 17:30 a 18:30 horas.
Establécense catro categorías para pequenos e dez para adultos. Na proba do sábado, que dará comezo ás sete da tarde na praza nova da Avenida de Ramón Ferreiro, establécense os seguintes percorridos:

-19:00 horas.- Categoría A: 680 metros.

-19:10 horas.- Categoría B: 1.400 metros.

-19:25 horas.- Categorías C e D: 1.900 metros.

-19:40 horas.- Categoría Adultos: 4.100 metros.


Para evitar as tradicionais aglomeracións o día da carreira non se permitirá a nova inscrición. Tomouse esta medida para manter un nivel organizativo de cara aos atletas xa inscritos e evitar alterar os horarios establecidos, xa que está prevista novamente unha elevadísima participación.


As sete carreiras do circuíto rematarán o 15 de xuño no marco do parque da Milagrosa.

Cortes de tráfico
Como consecuencia da celebración da carreira Nocturna de Reis procederase ós seguintes cortes de tráfico:
-18:30 horas.- Corte do tráfico previsto na Rúa ramón Ferreiro a ambos lados da mediana dentro das zonas comprendidas entre o semáforo final da Avenida de Ramón Ferreiro ata pintor Corredoira.

-19:00 horas.- Corte do tráfico previsto entre Fonte dos Leóns, da praza de Avilés e Áncora, para desenvolvemento das carreiras dos rapaces.

-19:30 horas.- Ampliación do corte do tráfico ata a mediana da Fonte do Rei polo paso dos corredores entre a mediana e a rotonda.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova