Cargando....
Concello de Lugo
16/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo constitúe a Mesa Local de Comercio


# Venres, 18/01/2008
O obxectivo é coñecer as necesidades dos hostaleiros e comerciantes lucenses

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e os Concelleiros de Economía e Emprego, Sonia Méndez, Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, Infraestruturas, José Piñeiro, Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e Protección da Comunidade, José Rábade, asistiron, xunto o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, e o Presidente da Asociación de Hostaleria, Francisco Real, á constitución da Mesa Local de Comercio de Lugo.

A constitución desta mesa foi un compromiso acadado polo Alcalde nas pasadas eleccións cos comerciantes e hostaleiros da cidade.

O Alcalde sinalou que “Lugo é unha cidade eminentemente comercial e de servizos, polo que debemos colaborar e coordinarnos con este sector tan importante na vida da cidade”.

O obxectivo desta mesa é coñecer as necesidades que poidan ter comerciantes e restauradores para colaborar na solución dos problemas. López Orozco explicou que “para iso faremos unha reunión trimestral ou cando unha das partes o solicite”.

O compromiso do Concello é atender ás solicitudes que se fagan e dar unha solución os problemas que poidan xurdir e que precisen a actuación da administración local, como o arranxo de rúas, planes de formación, festas, mercados ou en temas de seguridade. Un dos puntos fortes a tratar nesta mesa será a instauración do Plan Urban que incidirá enormemente no desenvolvemento do sector sevicios da cidade.

O Alcalde indicou que “se tráta, en definitiva, de traballar coordinadamente para que este sector se manteña, mellore e aumente o emprego na cidade”.

Pola súa banda, o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, afirmou que “gracias a esta Mesa Local de Comercio todos poderemos colaborar no desenvolvemento global da cidade”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova