Imprimir

MÁIS DE DUAS MIL PERSOAS ASISTIRON AO CONCERTO DE HELLOWEEN, AXXIS E GAMMA RAY


18/1/2008 Chegaron desde Ponferrada, León, Oviedo, Albacete e Madrid entre outros lugares

O concerto de Helloween, Axxis e Gamma Ray congregou a preto de duas mil quinientas persoas que chegaron de lugares como Ponferrada, León, Oviedo, Albacete e Madrid, entre outros sitios, ademais da cidade e da provincia.

Os míticos grupos de heavy-metal fixeron vibrar ao público asistente que se entregou aos ritmos potentes das bandas xermanas.