Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

No ano 2007 oficiáronse máis de 80 vodas civís no Concello de Lugo


# Sábado, 19/01/2008
Un total de 191 parellas inscribíronse no Rexistro de Parellas de Feito da cidade

Un total de 83 parellas contraeron matrimonio na Casa Consistorial Ó longo do ano 2007, 26 máis que no ano 2006.

O Alcalde, José López Orozco, segue a ser o edil que máis vodas oficia, pois durante estes doce meses casou a 48 parellas, máis do 50% das cerimonias. Luisa Zarzuela e José Piñeiro son os seguintes como os que máis vodas ofician con sete e seis respectivamente. Carmen Basadre con cinco casamentos, Sonia Méndez con catro e José Ramón Gómez Besteiro con tres, son os seguintes. Os concelleiros José Manuel Díaz Grandío, Concepción Burgo e Xosé Anxo Laxe celebraron dúas vodas cada un, e unha Dolores Vieiro, a ex-edila de Xuventude Rosana Rielo, Alicia Peña e Antón Bao.

O 23 de xuño foi o día que máis vodas se celebraron no Concello este ano, oficiándose seis cerimonias. Algunha das parellas escolleu esta data aproveitando que a festividade do San Xoán coincidiu en sábado.

Como é tradicional, coa chegada da primavera e o verán o número de solicitudes disparase, pois en abril tiveron lugar 10 vodas, en maio 7, en xuño 16, en xullo 7 e 6 en agosto; fronte a 1 en xaneiro, 2 en febreiro, 4 en marzo, 6 en outubro, 3 en novembro e 2 en decembro.. O mes no que se celebraron máis vodas do ano foi setembro, cun total de 19

Respecto aos costumes que se seguen nesta cerimonia civil, moitas parellas escollen traxes nupciais e adornan con frores o Salón de Plenos da Casa Consistorial. Ademais, acompañan con música a celebración levando a grupos concertistas. A banda sonora que escollen para as vodas vai desde as Marchas Nupciais de Häendel ou Mhedhelshon, a composicións de Ennio Morricone para a película “A Misión” ou cancións tradicionais galegas.

Ademais da lectura dos artigos 66, 67 e 68 do Capítulo V do vixente código Civíl, complétase a cerimonia cun poema que recita o edil oficiante. As obras líricas versan sobre a temática do amor e do matrimonio e os autores máis recorridos son Pablo Neruda, Pedro Salinas, Víctor Hugo, Khalil Gibran, Darío Xohán Cabana, Manuel María ou Xulio López Varcárcel.

Parellas de feito
Por outra banda, no ano 2007 inscribíronse no rexistro de parellas de feito do Concello de Lugo un total de 191 parellas, 46 máis que no 2006, e anuláronse 6.

Dende a súa creación por decreto da Alcaldía o 20 de outubro de 1999, o número de parellas inscritas crece ano tras ano.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova