Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon en marcha a quinta edición dos Almorzos Saudables


# Luns, 21/01/2008
Participan máis de 2.100 alumnos de todos os colexios de Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, asistiron ás 10 da mañá ao inicio da quinta edición dos Almorzos Saudables que comezou hoxe no colexio de Albeiros.

Este ano están inscritos nesta iniciativa do Concello de Lugo, todos os colexios da cidade, arredor de 25 entre públicos e privados, e participarán 2.173 rapaces de entre 6 e 8 anos pertencentes aos cursos de primeiro e segundo de primaria.

Esta campaña, que continuará ata o vindeiro 26 de marzo, está realizada para promocionar os hábitos saudables entre os escolares e ensinarlles a importancia que ten un bo almorzo para render con bo ritmo todo o día .

O programa seguirá a mesma dinámica que en edicións anteriores, e ofrecerase aos máis cativos cereais, froita, leite e cacao, que coma o ano pasado será das tendas de comercio xusto.

Como en anos anteriores, repartiranse entre os rapaces lápices e bolígrafos do programa, así como xogos didácticos. Nesta ocasión regalarase tamén unha taza para o almorzo coa mascota Cunquín. O Concello quere así colaborar no coidado do medio ambiente e evitar o uso de materiais non reciclables ou contaminantes no desenvolvemento deste programa con tan boa acollida en toda España.

O ano pasado a que era Ministra de Sanidade, Elena Salgado, achegouse ata Lugo para coñecer en primeira persoa estes almorzos que agora a Administración estatal tamén recomenda. Así mesmo, a iniciativa foi copiada por outros concellos de Galicia e por outras comunidades como Cataluña ou Asturias que solicitaron información ao Concello.

Ao longo destes anos nos que se levou a cabo o programa de Almorzos Saudables, numerosos especialistas que pasaron por Lugo confirmaron que está cientificamente demostrado que os nenos e adolescentes que almorzan ben, fan unha mellor distribución das calorías inxeridas, teñen máis capacidade de atención e participación na clase e son máis felices.

Lugo é referente nacional na posta en marcha de iniciativas que, coma esta, buscan a mellora da saúde dos seus veciños e a concienciación dos máis novos sobre a importancia que ten unha alimentación saudable e coidada dende a infancia, para un bo desenvolvemento da persoa.

Os almorzos saudables comezan no Colexio de Albeiros e continuarán en todos os centros educativos, públicos e privados, da cidade.

CALENDARIO:

■ COLEXIO PÚBLICO DE ALBEIROS. DÍA 21 DE XANEIRO

■ COLEXIO DA PONTE. DÍA 22 DE XANEIRO

■ COLEXIO DE CASÁS. DÍA 23 DE XANEIRO

■ COLEXIO CERVANTES. DÍA 24 DE XANEIRO

■ COLEXIO AS MERCEDES. DÍA 25 DE XANEIRO

■ COLEXIO INFANTIL FINGOI, Nº 2. DÍA 28 DE XANEIRO

■ COLEXIO ANEXA PRÁCTICAS. DÍAS 29 E 30 DE XANEIRO

■ COLEXIO MANUEL MALLO MALLO DE NADELA. DÍA 31 DE XANEIRO

■ COLEXIO SAGRADO CORAZÓN. DÍA 1 DE FEBREIRO

■ COLEXIO ROSALIA DE CASTRO. DÍAS 11 E 12 DE FEBREIRO

■ COLEXIO LUIS PIMENTEL. DÍAS 13, 14 E 15 DE FEBREIRO

■ COLEXIO MENÉNDEZ PELAYO: DÍAS 18 E 19 DE FEBREIRO

■ COLEXIO QUIROGA BALLESTEROS. DÍAS 20, 21 E 22 DE FEBREIRO

■ COLEXIO PÚBLICO ILLA VERDE. DÍA 25 DE FEBREIRO

■ COLEXIO MARÍA AUXILIADORA. DÍAS 26 E 27 DE FEBREIRO

■ COLEXIO GALÉN. DÍA 28 DE FEBREIRO

■ COLEGIO DE FINGOI. DÍA 29 DE FEBREIRO

■ COLEXIO DE PARADAI. DÍAS 3 E 4 DE MARZO

■ COLEXIO DIVINO MAESTRO. DÍA 5 DE MARZO

■ COLEXIO DA MILAGROSA. DÍA 6 DE MARZO

■ COLEXIO IRMÁNS MARISTAS. DÍAS 7 E 10 DE MARZO

■ COLEXIO PADRES FRANCISCANOS. DÍAS 11 E 12 DE MARZO

■ COLEXIO SALESIANO DIVINA PASTORA. DÍAS 13 E 14 DE MARZO

■ COLEXIO AS JOSEFINAS. DÍA 25 DE MARZO

■ COLEXIO VIRXEN DA SOEDADE AS GÁNDARAS. DÍA 26 DE MARZO



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova