Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A VIII Mostra de Teatro Clásico arrinca coa representación de Cyrano de Bergerac


# Luns, 21/01/2008
O ciclo continuará con obras de autores como Shakespeare, José Zorrilla o Lope de Vega

Cyrano de Bergerac abre a VIII Mostra de teatro Clásico organizada pola Concellería de Cultura e Turismo en colaboración con Caixanova.

A obra de Edmond Rostand será representada mañá martes, día 22 de xaneiro, pola compañía Concha Busto Producción y Distribución.

A famosa obra é unha obra en verso romántica de extraordinaria beleza. Conta a historia dun narigudo soldado poeta namorado dunha fermosa muller, pero dada a súa fealdade non espera nada dese amor. Para expresarlle os seus sentimentos á súa amada acepta escribirlle as súas cartas de amor ó seu amigo Cristián.

O ciclo continuará o mércores día 23 coa representación de Dos Caballeros de Verona de William Shakespeare da man de UR Teatro Antzekia, e o 25, 26 e 27 de xaneiro tócalle o turno os clásicos españois coas representacións de Romances del Cid, Margarita la Tornera de José Zorrilla e El perro del hortelano de Lope de Vega. O martes 29 de xaneiro O Teatro da Abadía porá en escea Argelino, servidor de dos amos de Carlo Goldoni, e o Avaro de Molière porá fin ó ciclo o día 30 de xaneiro.

As entradas continúan á venda a través de www.caixanova.es ou na taquilla telefónica 902 504 500. O prezo establécese entre os 12 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. Ademáis pódense mercar bonos para as 7 funcións a 52 euros na zona A, 38 euros na zona B e 24 na zona C.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova