Imprimir

O ALCALDE ASISTIRÁ ÁS XORNADAS DIVULGATIVAS ORGANIZADAS POLO CETAL PARA OS PROFESIONAIS DO SECTOR AGROALIMENTARIO


23/1/2008 A primeira terá lugar este mércores, 23 de xaneiro, no Salón de Actos do CEI -Técnicos do Mapya presentarán unha plataforma virtual de coñecemento

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistirá xunto á Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, á apertura do ciclo de xornadas divulgativas organizado polo Cetal. Esta iniciativa desenvolverase ao longo de catro citas fundamentais para os profesionais e empresarios da agricultura, gandeiría e alimentación, durante as que o Cetal servirá de plataforma informativa para a difusión dos últimos avances acontecidos no sector agroalimentario.

O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Economía e Emprego serán os encargados de inaugurar este ciclo este mércores, 23 de xaneiro, ás 11:00 horas e darán paso a dúas charlas impartidas por dous técnicos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, José Abellán Gómez e María Cruz Vega Álvarez.

O ciclo abrirá este mércores cunha xornada titulada “O coñecemento e a innovación: a plataforma do coñecemento para o medio rural e pesqueiro” que servirá para presentar unha biblioteca virtual e unha base de datos elaboradas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación coa función de prestar un servizo de achegamento gratuítos de coñecementos.

Esta plataforma está integrada por unha biblioteca virtual, un observatorio de tecnoloxías probadas, outro de lexislación e apoio ao sector agrario e pesqueiro e un terceiro observatorio de boas prácticas, sobre todo de aquelas capaces de mover á emulación ao resto dos axentes socioeconómicos, potenciando o seu efecto demostrativo e ofrecendo á nosa sociedade unha imaxe real sobre o esforzo de progreso no que está inmerso o sistema agroalimentario español.

Estes servizos complétanse cun apartado de e-ensino que ofrecerá formación especializada nos distintos campos da agricultura e do mundo rural.

A biblioteca virtual porá a disposición do mundo rural e pesqueiro español máis de 10000 documentos, de forma estruturada e fácil acceso, sobre os temas que lle poidan ser de utilidade. Pódese acceder ao texto completo e con posibilidade de procura por distintos campos. Inclúe a produción bibliográfica do Ministerio e as obras cuxos dereitos adquíranse.

Os agricultores e os técnicos poderán acceder as novidades máis relevantes nas seguintes áreas de coñecemento: maquinaria agrícola, material vexetal, nutrición vexetal e animal, tecnoloxía e material de rega, protección contra pragas e enfermidades dos vexetais ou as mellores técnicas sobre procesos na produción agraria e na industria agroalimentaria.

A participación neste ciclo de xornadas divulgativas é gratuíta e a entrada será libre ata cubrir o aforo do Salón de Actos do Centro de Empresas e Innovación, lugar que acollerá as charlas a partir das 11:00 horas.