Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Escola Obradoiro Escola Solidaria


# Mércores, 23/01/2008


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Escola Obradoiro
  • Escola Obradoiro
  • Escola Obradoiro
  • Escola Obradoiro
  • Escola Obradoiro
  • Escola Obradoiro
  • Escola Obradoiro
  • Escola Obradoiro
  • Escola Obradoiro
  • Escola Obradoiro
  • Escola Obradoiro
O Programa “Escola Solidaria” comenza o seu funcionamento o día 31 de decembro de 2007 cunha duración de ano e medio, promovida polo Excmo.Concello de Lugo a través dunha subvención da Consellería de Traballo o abeiro da Orde do 16 de febreiro de 2007, tendo como obxeto de actuación a rehabilitación da antiga escola rural de S. Pedro de Mera así como a construcción de determinado mobiliario urbano.

O programa consta de tres fases de duración semestral: a 1ª fase de formación no que os alumnos-traballadores reciben unha axuda de asistencia de 6.01€/día lectivo e asistido. A 2ª e 3ª fases na que os alumnos-traballadores formalizan un contrato de formación segundo as modalidades vixentes e de duración máxima 1 ano.

A Escola conta cun total de 25 alumnos traballadores nas especialidades formativas de albanelería e de carpintería de madeira. Conta asimismo no seu cadro de persoal cun Director, tres mestres de obradoiro e unha administrativa.

A sede social da Escola encontrase na nave de vías e obras no parque da Milagrosa, onde se atopan os servicios de administración e dirección, aulas de teoría e vestuarios, asi como o obradoiro de carpintería de madeira.

O centro de traballo, entendido como lugar de actuación e obxeto do Programa, encontrase na parroquia de S.Pedro de Mera, distante 20 Km da sede social da Escola.

Segundo a Orde que rexe o Programa das escolas obradoiro, estas concibense como programas mixtos de formación e emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas menores de vinte e cinco anos a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

A realización destes servizos de interese xeral e social posibilita ao alumnado traballador a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional ocupacional recibida, relacionada directamente con dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral.

A programación desta escola obradoiro integrarase, na medida do posible e conforme os itinerarios de inserción profesional que se definan, en plans integrais de emprego que dean resposta ás demandas do mercado de traballo e sexan capaces de activar o desenvolvemento territorial, xerar riqueza e, consecuentemente, postos de traballo.

No proxecto de Escolas Obradoiro impartese formación complementaria e inclúese, en todo caso, as materias de alfabetización informática, sensibilización ambiental e sensibilización en igualdade de xénero. Así mesmo impartirase a formación en materia de prevención de riscos laborais correspondente á ocupación que se vai desempeñar, téndose en conta, se é o caso, os contidos recollidos no correspondente certificado de profesionalidade.

BREVE RESUMO DA ACTIVIDADE

ENDEREZO: Rúa Montefaro 12. parque de frigsa. 27003-Lugo Tel: 982 29 74 25 Fax : 982 29 72 64

HORARIO: de 8:00 h a 15:00 h de luns a venres.

REQUISITOS:
- Demandante de emprego.
- Menores de 25 anos.

INFORMACIÓN:
- Consellería de traballo.
- Oficina de emprego.
- Servicio de Desenvolvemento Local do Concello de Lugo

PROXECTO DE ACTUACIÓN: “Rehabilitación da antiga escola rural de San Pedro de Mera para centro de desenvolvemento de actividades lúdicas e culturais”.

OBXECTIVO: Incorporación ó mundo laboral, cunha formación axeitada que asegure a inserción posterior como traballador por conta allea, autoemprego ou a creación de empresas de traballo asociado.

TITULACIÓN: Certificación de cualificación profesional do Concello de Lugo e diploma da consellería de Traballona que se acreditan as horas teórico – prácticas realizadas polos alumnos participantes



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova