Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo achegará ós escolares a producción do leite


# Mércores, 23/01/2008
A actividade conta xa con 200 alumnos inscritos

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, Juan Méndez Dónega, o coordinador do Aula de Productos Lácteos e Mª Paz Fernández-Albalat Ruiz, responsable de contidos do Obradoiro de emprego, presentaron as actividades que realizarán os escolares da cidade no citado centro.

Vieiro explicou que “o Goberno Local implícase moito na boa alimentación dos rapaces e para iso realizamos os almorzos saudables. Pero tamén desexamos que os alumnos coñezan como se fan moitos dos alimentos, e un dos máis básicos é o leite e os seus derivados”.Por iso, a Concellería de Educación e a Aula de Productos Lácteos coordináronse para que os cativos visiten a Aula dentro do programa Máis Leite, Máis Saúde.

A Concelleira indicou que xa hai máis de 200 alumnos apuntados para visitar o centro e participar nas actividades educativas que se impartirán ó longo do curso e que comezan o vindeiro venres 25 de xaneiro.


A Aula de Productos Lácteos (APL) é un centro de formación e investigación dependente do Instituto de Investigación e Análises Alimentarias da Universidade de Santiago de Compostela.

Ó longo da súa traxectoria, desde su creación en 1993, el APL dedicouse á formación, tanto no plano académico como industrial, así como á investigación nomarco agro-alimentario en xeral e lácteo en particular, ofreciendo solucións ós problemas e demandas plantexadas polo sector.

Este contacto estreito co sector permitiulle detectar recentemente unha serie de cuestións que preocupan, en certa medida, a productores e consumidores, e que chegan a poñer en duda a importancia do leite e productos lácteos na dieta de rapaces e adultos.

Neste marco, a APL plantexouse o interese de abordar esta problemática desde un enfoque amplio e multidisciplinar, xurdindo a posibilidade de adherirse á campaña “Máis leite máis saude” da Federación Panamericana de Lechería (FEPALE), para fomentar a maior inxesta de leite e os seus derivados, e poñer de relieve os beneficios que proporcionan á saúde do ser humano.

Neste senso, a APL, coa colaboración dalgunas empresas,
sumouse á iniciativa en anos pasados, celebrando xornadas ás que asistiron escolares de entre nove e dez anos procedentes de centros de Lugo, que foron obsequiados cun lote de productos cedidos polas empresas.

O alto grado de satisfacción manifestado, tanto por alumnos como por profesores participantes, animou a repetir esta experiencia con maior intensidade e repercusión.

A celebración das xornadas divulgativas en el APL, constarán de:

1. Unha charla de presentación sobre a importancia do consumo de productos lácteos.

2. Degustación de diferentes productos lácteos.

3. Visita guiada ós laboratorios e á planta piloto da APL.

4. Obsequio ós asistentes cun lote de productos lácteos donados por diferentes empresas, unha camiseta conmemorativa do acto e un cuadernillo de actividades.

Nun principio celebraranse dúas xornadas ó mes, aínda que se podería aumentar se a demanda é maior. Os colectivos cos que se contactará inicialmente son escolares de entre 10 e 12 años de centros educativos de Lugo, puidéndose ampliar nun futuro a outras zonas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova