Imprimir

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS XERAIS PRESENTA A FEIRA DO ENTROIDO DE NADELA


1/2/2007

A Concelleira de Servizos Xerais , Luisa Zarzuela, presentou a Feira do Entroido de Nadela que organiza a Asociación Carballeira de Nadela en colaboración co Concello de Lugo.

Esta feira terá lugar o domingo dende ás 9 da mañá ata ás 23 horas. Unha carpa instalada na carballeira de Nadela albergará os oitenta postos de venta ao público. O obxetivo desta feira é promocionar os produtos de horta e cortello dos agricultores e os ganaderos da comarca. Os interesados poderán adquirir queixos variados como o San Simón ou o Cebreiro, verduras, ovos ou produtos típicos do Entroido como carne de porco e doces tradicionais.

O Alcalde será o encargado de inaugurar a feira ás 13 horas, despois da lectura do pregón que este ano lle corresponde a José de Cora. O público que se achegue gozará dunha degustación gratuíta de viño do país acompañado por unha tapa de Entroido.

O Concello pon a disposición de todos os lucenses interesados en asistir un servizo gratuíto de autobuses con saída dende ás 9 e ata ás 15 horas dende a avenida de Ramón Ferreiro, diante do I.Es. A Nosa Señora dos Ollos Grandes.