Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo para o pago do recibo de subministración de auga, recollida de lixo, sumidoiros e saneamento do último trimestre de 2007


# Venres, 25/01/2008
O Concello de Lugo o manterá aberto ata o 18 de marzo

O pasado 18 de xaneiro o Concello de Lugo abriu o prazo de pago voluntario dos recibos de subministración de auga, recollida de lixo, sumidoiros, aluguer de contador e canon de saneamento correspondente ao último trimestre de 2007. O prazo estará aberto ata o 18 de marzo de 2008.

Para efectuar o pago, aos contribuíntes que teñan domiciliados, os recibos seranlles cargados nas respectivas contas bancarias; os demais contribuíntes recibirán, por correo ordinario no seu domicilio, os documentos de pago para que o poidan efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia.

De non recibir os documentos por correo antes de que remate o prazo, os obrigados a pagar deberán persoarse na oficina municipal do Negociado de Augas, situada na Ronda da Muralla, 197-planta baixa, para solicitar un duplicado e poder realizar o pagamento. Non recibir os documentos no domicilio non exonera da obriga do pago dos recibos.

Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova