Imprimir

ABERTO O PRAZO PARA O PAGO DO RECIBO DE SUBMINISTRACIÓN DE AUGA, RECOLLIDA DE LIXO, SUMIDOIROS E SANEAMENTO DO ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2007


25/1/2008 O Concello de Lugo o manterá aberto ata o 18 de marzo

O pasado 18 de xaneiro o Concello de Lugo abriu o prazo de pago voluntario dos recibos de subministración de auga, recollida de lixo, sumidoiros, aluguer de contador e canon de saneamento correspondente ao último trimestre de 2007. O prazo estará aberto ata o 18 de marzo de 2008.

Para efectuar o pago, aos contribuíntes que teñan domiciliados, os recibos seranlles cargados nas respectivas contas bancarias; os demais contribuíntes recibirán, por correo ordinario no seu domicilio, os documentos de pago para que o poidan efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia.

De non recibir os documentos por correo antes de que remate o prazo, os obrigados a pagar deberán persoarse na oficina municipal do Negociado de Augas, situada na Ronda da Muralla, 197-planta baixa, para solicitar un duplicado e poder realizar o pagamento. Non recibir os documentos no domicilio non exonera da obriga do pago dos recibos.

Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.